Xoves. 18.04.2024
El tiempo

“A Semana Sen Fronteiras xorde para dar a información sobre as persoas migrantes que os medios moitas veces ocultan ou manipulan”

“A Semana Sen Fronteiras xorde para dar a información sobre as persoas migrantes que os medios moitas veces ocultan ou manipulan”
A asociación Casino 1889 de Carballo organiza, en colaboración co Concello de Carballo, a Semana sen Fronteiras, unha iniciativa que trata de chamar a atención e dar a coñecer a realidade das persoas migrantes en todo o mundo. " Trátase de dar un enfoque sobre as migracións en xeral, que se vexa a realidade e a información que ás veces, está oculta trala manipulación", comenta Marina Gómez Blanco, membro da directiva do Casino. Así, do 10 ao 14 de decembro desenvolveranse unhas xornadas que inclúen conferencias, proxeccións e mesas abertas. "A idea xurdiu trala iniciativa de recollida de material para os campos de refuxiados que nos propuxo Lorena Marrozos o pasado abril. A parti de aí, xuntámonos e traballamos xuntos para sacar adiante esta Semana Sen Fronteiras", explica Marina. Todas as actividades levaranse a cabo na sede do Casino, pola mañá para o alumnado de secundaria e pola tarde para o público en xeral. "Quizais o máis importante destas xornadas sexa chegar aos adolescentes, porque cremos na educación como cambio", engaden desde a directiva. Actividades paralelas Paralelamente, levaranse a cabo un concurso de micro-relatos (cuxas bases podedes consultar aquí) e un mercadiño solidario para recadar fondos con destino ás ONGs participantes, e, por último, o 28 de decembro celebrarase o acto de clausura de todo o programa con varios concertos. O Casino 1889 presenta a Semana sen Fronteiras "coma unha iniciativa que nace a nivel local con aspiracións de continuidade, para mostrar ao público unha realidade tan dura como complexa, desde diferentes perspectivas. Desde a nosa vila desexamos espallar por toda a Galiza esta iniciativa, queremos sentar as bases dun movemento de solidariedade coas persoasrefuxiadas, que Carballo se convirta no referente de poboación comprometida", expoñen. Chamada ao voluntariado! Así mesmo, agradecen o apoio económico por parte do Concello de Carballo xa que "ao final, para isto tamén se precisan cartos. Non para as persoas que participan, que non cobran, senón para a difusión, a cartelería, o cátering, etc", expón Marina, quen tamén fai un chamamento a todas as persoas que estean interesadas en axudar ao Casino no desenvolvemento destas xornadas: "Somos moi pouquiños para organizar todo isto, así que se a alguén lle gusta a idea que non dubide en poñerlle en contacto con nós".  

PROGRAMA

-10 de decembro: AS PERSOAS e OS DD.HH
  • DÍA INTERNACIONAL DOS DD.HH.: Amnistía Internacional
  • Programa radiofónico sobre migrantes en CUAC FM “Simplemente gente”
  • Proxección de “Katsikas, ecos de un éxodo” e reflexión co director, Rodrigo Vázquez “Harry”
  • Unha historia real: cruzando países e fronteiras
  • Mesa faladoiro
-11 de decembro: FRONTEIRAS: SÁHARA - SIRIA – BALCÁNS - LÍBANO
  • ONG “Aire” – Sáhara e Grecia
  • ONG “Acción Norte”  Balcáns e Grecia
  • ONG “Pallasos en Rebeldía” ao redor do mundo
  • ONG “Sos Racismo” externalización das fronteiras
  • Vídeos e experiencias
  • Mesa faladoiro
-12 de decembro: ESPAÑA
  • “RefuCoruña”: A acollida
  • “Acampa”: A rede
  • “Ecos do Sur”: Odio na rede
  • “Entreculturas”: Traballar en varios continentes
  • Mesa faladoiro
-13 de decembro: ARTE COMPROMETIDA
  • Presentación do libro “Stop” de Elerre co escritor e editora
  • Ilustracións en directo con Bruno e Laura Tova
  • Premio escolar
  • Canción denuncia en apoio ás persoas refuxiadas
  • De libros e obras
  • Mesa faladoiro
-14 de decembro:  OS ROHINGYAS: APÁTRIDAS: O MAIOR CAMPO DE PERSOAS REFUXIADAS DO MUNDO
  • Entrega de premios do concurso de micro-relatos “Contos sen fronteiras”
  • Médicos sin fronteras
  • Mesa faladoiro

Comentarios