Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Semescom difunde os Faros da Costa da Morte cun Certame de poesía

A Semescom difunde os Faros da Costa da Morte cun Certame de poesía

Hoxe pode ser un bo día para tomar nota escoitando a Manolín no seu Recital. Ou podedes repasar o derroche de arte en verso do V Recital Poético da Costa da Morte celebrado esta pasada fin de semana en Muxía. Ou pode que a inspiración chegue soa, pero o caso é poñerse a escribir.

I é que o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) vén de convocar o “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte”. Un certame que chega para completar o seu traballo de difusión e defensa do patrimonio fareiro da Costa, aproveitando a fantástica documental realizada por Manuel Vilar sobre ps “Faros da Costa da Morte” e tras facer varias presentacións pola zona. Ademais o Certame chega un ano despois do éxito acadado coa convocatoria do Certame poético sobre os Penedos de Traba e Pasarela.

A idea é a posta en valor da riqueza paisaxística e turística que teñen estes sinais luminosos da nosa costa, e máis concretamente da Costa da Morte, é dicir aquela que abrangue dende as illas Sisargas ata o Monte Louro. A razón da escolla dun certame de poesía é a de continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nestes senlleiros edificios, como foi o caso de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón, Antón Zapata García ou Miro Villar.
A realización deste certame ten lugar grazas ao Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte” aprobado pola Deputación da Coruña.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios