Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Senda dos Faros da Deputación conectará 7 faros da Costa da Morte coas súas vilas de referencia

A Senda dos Faros da Deputación conectará 7 faros da Costa da Morte coas súas vilas de referencia
Cabo de Cee en Corcubion O cabo corcubionés é un dos que terá unha senda ciclista ata a vila Fantástica a iniciativa da Deputación da Coruña de unir as vilas da Costa da Morte, e de Ferrolterra, cos seus faros a través de sendas ciclistas. A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte coas poboacións máis próximas. Serán dous proxectos estratéxicos incluidos no Plan Director de Mobilidade Ciclista elaborado polo goberno provincial co obxectivo de “fomentar unha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente”.
Faro Concello Lonxitude (km)
Estaca de Bares Mañón 1,7
Cabo Ortegal Cariño 3,6
Punta Frouxeira Valdoviño 8
Punta Nariga Malpica 14
Laxe Laxe 1,4
Cabo Vilán Camariñas 5
Cabo Touriñán Muxía 16
Fisterra Fisterra 3
Cabo de Cee Corcubión 3,4
Lariño Carnota 0,9
Punta Queixal Muros 2,6
TOTAL 59,6 km
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-cabo-vilan-nun-gravado-de-1896/ https://quepasanacosta.gal/111246-2/ https://quepasanacosta.gal/tourinan-despide-o-sol-a-partir-deste-venres/

Comentarios