Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A tradición e a calidade da gastronomía da Costa da Morte triunfaron en Xantar

A tradición e a calidade da gastronomía da Costa da Morte triunfaron en Xantar
Gastronomia da Costa da Morte en Xantar Ourense 2017 A Gastronomia da Costa da Morte triunfou en Xantar Ourense 2017

Ata Ourense foron expedición dos Concellos de Carballo, Mazaricos, Vimianzo e Zas, ademais do de Muxía, para promocionar a gastronomía da Costa da Morte no 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar. Unha boa oportunidade para participar ao amparo da Deputación da Coruña, que serviu de paraugas para a posta en valor dos nosos produtos.

Tradición e calidade combináronse para amosar os nosos produtos máis auténticos na feira. As filloas de Zas, o pan de Carballo, a tradicional receita do bolo do pote de Mazaricos ou a “arqueogastronomía” dos pinchos irmandiños de Vimianzo, foron grandes protagonistas no posto e nos showcooking da Deputación, xunto ao polbo á mugardesa, as tortas de Ortigueira, ou as troitas de Oroso.

“Apostar pola sustentabilidade, pola calidade e pola ligazón coa diversidade e variedade son as chaves do éxito e do crecemento. Para ter futuro, crear emprego e visibilizar a riqueza”, dixo a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín.

 

As filloas á pedra de Zas

Showcooking coas Filloas a pedra de Zas no Xantar Ourense 2017 Showcooking coas Filloas a pedra de Zas no Xantar Ourense 2017

Como triunfaron esas marabillosas filloas á pedra de Zas. O alcalde foi presentando ás verdadeiras artistas da cociña, que fixeron as delicias dos asistentes con estas impresionantes filloas.

Expedicion zasense no Xantar Ourense 2017 Expedición zasense no Xantar Ourense 2017

O Bolo do Porte de Mazaricos

Bolo do Pote no Xantar de Ourense O Bolo do Pote con selo MZ gustou

Fantástico o showcooking que realizou o Concello de Mazaricos na Feira, que deixou patente a tradición dos Bolos do Pote, este produto con historia asociado ao cocido galego fixo de substituto do pan en épocas de fame e carestía. O seu sabor particular fai del un prato curioso. A unión de Hostaleiros e as Amas de Casa serviron así ademais para poñern en valor a carne a pedra e o pan, outros produtos que representan perfectamente o selo de calidade dos #ProdutosMZ. Por outra banda, e de cara á Festa do Bolo do Pote, o concello organizará un concurso para os nenos e nenas do Concello, a través dos colexios, para que plasmen este prato. “É importante que as nenas e os nenos tomen conscien- cia das tradicións da súa zona porque é iso o que crea arraigo e sentimento de pertenza a unha comunidade”, explicou o alcalde.

O alcalde Juan José Blanco, fixo de presentador, recordando a importancia da Festa do Bolo do Pote, que xa ten 19 anos, e que ademais vaise realizar un concurso de debuxo polas escolas, para manter viva a tradición. Foron as Amas de Casa as que realizaron a demostración dos bolos, e as xentes do Restaurante Casa Pejo fixeron as delicias da carne a pedra. Ademais, a Casa Pito trouxo o seu auténtico Pan MZ, feito con trigo do país, como podedes ir comprobando neste vídeo:

https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1343417655715267/  

Arqueogastronomía en Vimianzo

Rosa Sanches e Manolo Rial no Xantar de Ouresen cos pinchos Irmandinos de Vimianzo Rosa Sánchez e Manolo Rial no Xantar cos pinchos Irmandiños de Vimianzo

Vimianzo tivo un especialista como presentador do showcooking dos pinchos irmandiños. Nada menos que Jorge Guitián fiou tradición e calidade para demostrar que a historia ten moito que dicir en materia gastronómica.

No posto estiveron Manolo Rial e Eosa Sánchez vestidos de época para amosar as marabillas, tanto salgadas como doces, do concello vimiancñes.

Showcooking dos Pinchis Irmandinos de Vimianzo no Xantar Ourense 2017 O alcalde abrindo o Showcooking dos Pinchos Irmandiños  

Premio para Carballo

Xose Regueira recolle o 3 premio ao mellor cartel do Xantar Xose Regueira recolle o 3º premio ao mellor cartel do Xantar polo Carballo por etapas

Ademais da fantástica promoción do Pan e das Empanadas de Carballo, a Feira Xantar trouxo un premio para a vila. O concelleiro de Promoción Económica, Xose Regueira, regresou co 3º premio do 7º Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas e Galicia e Portugal, gracias ao cartel de Carballo por Etapas, a ruta de tapas que organiza o Concello en colaboración con Axober.

Posto do Concello de Carballo en Xantar de Ourense 2017 Posto do Concello de Carballo en Xantar de Ourense 2017  

Muxía, ao seu ritmo

As entidades de Muxía Turismo Rural levaron o concepto slow ao Xantar. Neste caso baixo o paraugas de Turismo de Galicia, e acompañados pola Asoporcel, presentaron un completo paquete turístico facendo da gastronomía a lume lento un fin en si mesmo.

Presentacion do Muxia destino Slow no Xantar Ourense 2017 Presentacion do Muxia destino Slow no Xantar Ourense 2017  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios