Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A TVE xa é trasna

A TVE xa é trasna
El Escarabajo Verde da TVE veu facer O Camiño dos Faros e foi acompañado polos trasnos El Escarabajo Verde da TVE veu facer O Camiño dos Faros e foi acompañado polos trasnos Segue medrando o Camiño dos Faros. Esta iniciativa social, que trata de convertir un sendeiro dende Malpica ata Fisterra en Sendeiro de Longo Recorrido (GR) recibía a pasada semana unha visita singular. O programa de TVE “El Escarabajo verde”, unha das referencias en materia conservacionista da televisión estatal, desprazou a 5 profesionais para facer un especial deste roteiro, que xa é emblema da Costa da Morte. Quedaron encantados os realizadores da cadena, disfrutando de cada paisaxe e de cada un dos 50 bravos trasn@s que acompañaron á expedición durante os 200 quilómetro da ruta. Ademais da natureza, foron protagonistas persoeiros da zona como Suso Lista, Rafael Lema, José Luis Rabuñal ou Juan Carlos Canosa, que foron a voz da Costa da Morte para explicar a nosa esencia. El Escarabajo Verde no Camino dos Faros   El Escarabajo Verde no Camino dos Faros 2 Agora toca esperarmos ata o mes de outubro, polo documental de 28 minutos co que deleitarán a todo o estado, despois dun complicado corte das 14 horas de material gravado. 14 horas cun tempo cambiante que permitiulles comprobar a verdadeira Galicia, cando nun só día pode pasar do sol á máis densa néboa.

Novas sobre o Camiño dos Faros

Fonte

Comentarios