Venres. 26.04.2024
El tiempo

A velutina dispárase

A velutina dispárase

Nino eliminado por Avispa Asiatica Costa da Morrte

Como avisaban os especialistas a comezos de verán, tras un primeiro semestre do ano, a eclosión da velutina non ía tardar en chegar. E este mes de xullo xa o sufrimos. Todos temos visto velutinas pola nosa zona seguro, e os grupos de Protección Civil levan traballando abondo na erradicación de niños.

Así o corrobora o servizo municipal de control de pragas do Concello de Carballo, que desmantelou este pasado mes 122 niños de avespa asiática. Aínda son maioría os niños primarios, pero xa se localizaron 55 secundarios. Nun destes últimos foi precisa a utilización da grúa por atoparse a gran altura.

O motor dun pozo e un depósito de gasóleo, os dous na parroquia de Ardaña, foron os lugares máis estranos onde aniñaron.

Mentres, os apicultores da zona fanse fortes na #loitacontraavelutina con novas trampas e ademais de arpas eléctricas e uns módulos protectores para as colmeas que parecen resultar moi efectivos para que as abellas se sintan liberadas ante a ameaza das avispas.

Exemplo de proteccion para as colmeas de abellas-Foto-Avispa Asiatica Costa da Morte
Exemplo de protección para as colmeas de abellas-Foto-FB Avispa Asiatica Costa da Morte

Picaduras

Polo de pronto sinalan que xa houbo, alertadas, 9 picaduras de velutuna. Por iso, dende o servizo avisan de que antes de empezar a traballar no campo ou no monte é aconsellable inspeccionar o lugar por se existe algún niño e tamén observar se hai avespas voando pola zona, porque iso indicará que o niño está preto. Lembramos que as persoas que localicen algún poden dar aviso ao 112 ou ao 012.

Charla en Cee

Este xoves 8 de agosto, Lolo Andrade estará en Cee falando do asunto.

Charla sobre Avespa Velutina en Cee

Novas relacionadas

Comentarios