Venres. 29.03.2024
El tiempo

A venda das centrais, a ruina da comarca

A venda das centrais, a ruina da comarca
Concentracion en Ferroatlantica contra a venda das centrais hidroelectricas-Outubro 2016 Concentración en Ferroatlántica contra a venda das centrais hidroeléctricas do río Xallas

Convocaba para este venres 21 de outubro o Comité de Empresa de Ferroaltántica das centrais de Cee e Dumbría, unha concentración ás portas da fábrica de Brens. Unha concentración en contra da segregación das centrais hidroeléctricas da produción das fábricas de ferroaleacións. Unha concentración en contra da venda das centrais hidroeléctricas do río Xallas por parte da empresa do Grupo Villar Mira, que deixaría ducias de postos de traballo no aire.

A pantasma da venda está máis presente que nunca entre o plantel da empresa máis importante e da única industria da Costa da Morte. E pode que teñan razón en ter medo, unha vez que a produción hidroeléctrica é unha das grandes vantaxes estratéxicas que teñen as fábricas de produción para competir contra outras fábricas que ten o Grupo por outras partes do mundo. Deste xeito, os máis pesimistas chegan a crer que a venda das centrais pode chegar a provocar nun futuro o peche das fábricas.

Foron máis de 200 persoas, a meirande parte traballares e ex traballadores, as que secundaron esta concentración, sen cánticos, na que estiveron presentes representantes do BNG e PP de Cee, e do grupo de goberno (PSOE e BNG) de Fisterra, ademais de xente da CIG a nivel nacional.

Pancartas contra a venda das centrais Pancartas contra a venda das centrais

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios