Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A xeada mañá deixou un accidente en Lourido

A xeada mañá deixou un accidente en Lourido
Accidente en Lourido-Muxia copia Accidente en Lourido-Foto-Protección Civil Muxía Esta mañá de luns 7 de xaneiro, tivo lugar en Lourido, Muxía, un accidente nunha xeada estrada DP-5201, concretamente no punto quilométrico 2,500. Foi arredor das 10:10h cando un particular avisaba ao CAE112 pola saída dun pequeno Citroen AX. O condutor, un home de avanzada idade, non fora quen de saír do vehículo, pero non estaba atrapado. O home estaba consciente pero queixase de dor no tobillo e pescozo. Ao lugar acodiron 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Cee. Bombeiros e Urxencias estabilizaron á vítima, sacárona abatendo o asento e con axuda dunha paiola, e foi trasladado en ambulancia ao Hospital.

Comentarios