Venres. 29.03.2024
El tiempo

A xornada deixa as cousas como estaban

Fisterra-Baio en Ara Solis-Foto-Santi Soneira
Imaxe do Fisterra-Baio en Ara Solis-Foto-Santi Soneira
A xornada deixa as cousas como estaban

Despois do espectacular carrusel deste domingo 30 de marzo en www.futboldacosta.com, as ligas van perfilando a súa recta final.

Hoxe o ollo estaba posto en Ara Solis, cun derbi por todo o alto entre Fisterra e Baio, co ollo posto en Lalín, onde o Sigüeiro podía pinchar. Pero a cousa quedou como estaba tras sendos empates, co Sigüeiro con dous puntos de vanatxe sobre os fisterráns. A xornada tamén tiña o foco posto noutro derbi, o do sábado no Municipal de Vimianzo, que levou o Dumbría, deixando aínda ao Soneira pendente do descenso. 
Para o que a xornada si que valeu foi o cadro esteirán, pois vencía e aproveitaba para recurtar con todos os seus rivais por evitar o descenso. Agora, os blaugrana saen do descenso directo pero ocuparían unha das dúas prazas de arrastres (vexan a análise da situación dos arrastres de Corredoira).

Tamén na Liga da Costa a parte alta queda como está, tralas vitorias de Mazaricos e Corme, que manteñen aos amarelos con 3 puntos de diferencia sobre os azulóns. Pero a que se pon tremendamente quente é a zona baixa.

Na Preferente pintaba ben a xornada cos dous equipos poñéndose por diante na primeira metade, pero ao remate, un empate sen máis para o Sofán, e unha nova derrota para o Xallas que non lle permite relaxarse. O Cee vencía en Malpica, e o Lira e o Zas tamén sumaban os 3 puntos, deixando ao Montelouro (que caía nun novo derbi muradán ante o Volantes) moi complicada a salvación. Agora, ese único posto de arrastre a día de hoxe moi competido, pois o Buño caía en Verdillo, e o Muros en Xaviña ante o Cerqueda. Quedan pois con 30 puntos Malpica, Zas e Muros; con 28 Buño e Lira; e con 26 o Cee nese provisional único posto de arrastre.

A 3ª baixou o telón nunha xornada onde todo o peixe estaba vendido.

Emoción máxima en Cadetes e Veteranos

En Xuvenís, xornada de poucas novidades, pois tanto Cabana, como Os Miúdos, como Corme goleaban sen problemas.

En Cadetes, a cousa está que ferve. O Outes tiña media liga aos seus pés, pero non puido pasar do empaten Xaviña ante o Cerqueda polo que fica empatado co Zas. Co golaveraxe individual igualado, o Zas a día de hoxe ten 3 goles máis a favor que o Outes.

En Veteranos, despois da vitoria da semana pasada, o Zas podía ter cantado o alirón en San Pedro, e perdía ante o Castriz ficando obrigado a repetir alomenos o mesmo resultado que o San Román na última xornada para levantar o título.
Ademais, Mazaricos e Razo confirmaron o seu ascenso de xeito matemático, e o cadro amarelo está preto do título, pois lle vale un punto na última xornada para ratiticalo, esta a súa temporada de estrea no fútbol veteranos.

Máis información

Comentarios