Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xornada: Máxima emoción na #CopadaCosta e un Volantes de 1ª

  • O Volantes non tivo que xogar para ascender a 1ª provocando ademais a permanencia do Cee na Liga da Costa.
  • Todas as táboas copeiras en www.copadacosta.com.
A Xornada: Máxima emoción na #CopadaCosta e un Volantes de 1ª

Menudo sabor máis magnífico que está deixando esta #CopadaCosta. Volveunos deixar un carrusel tecnolóxico fantástico, con emoción ata o último suspiro.

Volantes, novo equipo da 1ª, e Cee mantense na LigadaCosta

Un carrusel ademais que deixa ao Volantes en 1ª Galicia. Ao cadro laranxa valeulle o empate entre Villestro e Cacheiras para non ter que competir nas dúas últimas xornadas. Ademais, o ascenso libera unha praza de descenso á 3ª, polo que o Cee mantén así a categoría.

Unha Copa de época

Preciosa esta volta dos Cuartos da Copa da Costa. Un luxo ver competir a 4 equipos da 3ª man a man con outros de superior categoría. Como o Castriz, que fixo sufrir ao Corme ata o último suspiro. Finalmente os cormeláns enfrontaranse a unha Esteirana que loitou o seu pase vencendo no Platas Reinoso ante o poderoso Baio, na eliminatoria que se presenta como unha final anticipada. 

No outro lado do cadro, o Camariñas fixo valer o 3-0 da ida, o que foi a primeira derrota do curso do Coristanco, e se mete nas semis. En fronte terá, tralo choque máis vivido destes Cuartos, ao Cabana despois dun partido de infarto ante o Malpica que se decidiu na lotería dos penaltis.
Ollo ao baile de Eusebio no penalti que transformou Iván Mato que serviu para empatar a eliminatoria.

Copas de base

Xa temos final en Cadetes e semis en Xuvenís e Infantís. Outes e Esteirana veranse as caras na final Cadete desta Copa da Costa despois de eliminar aos Miúdos e Ponteceso nas semis. Falaremos estes días.

Ademais, en Xuvenís déronse auténticos resultados curiosos. O Cabana chegaba ao Cunchido cun claro 5-2 e acabou sucumbindo por 6-2. O Outes medirase en semis a un Soneira que remontaba o 3-2 da ida en Esteiro.
No outro lado do cadro o Corme non dou lugar a sorpresas e tamén venceu en Muros, e terá en fronte a un Sofán que superou ao Xallas.

Ademais, en Infantís tamén haberá boas semis. Os Miúdos puido nesta categoría co Corme despois da igualada do Cairo. O potente Cee non deu opcións ao Cabana, igual que o Xallas á Esteirana. A eliminatoria máis igualada, o Fisterra gañou ao Muxía por un só tanto.

Veteranos

Doble cita para os Veteranos, coa ida das Semis de Copa e a Copa Galega. Notouse que o San Román está pensando máis no Campionato Galego, pois venceu o sábado 2-0 e pasa de rolda (o Zas caía e despide o curso), pero caía o domingo na Copa ante o Porteño, que dá un paso de xigante para volver meterse nunha final de Copa. No outro lado, o San Lorenzo vencía pola mínima ao Ponteceso.

Comentarios