Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Xunta abre ao tráfico a nova rotonda de Baio

A Xunta abre ao tráfico a nova rotonda de Baio
Ainda estan traballandona glorieta da entrada de Baio Aínda están traballando na glorieta da entrada de Baio, que e abrirá ao tráfico esta tarde

Esta tarde entrará en servizo a nova rotonda de Baio. A Xunta abrirá ao tráfico a nova glorieta (de 60 metros de diámetro) de intersección entre o enlace de Baio Este da autovía da Costa da Morte e a estrada AC-552, xusto antes da estación de servizo.

Unha apertura previa á da Autovía, que segundo a Xunta mantén os últimos prazos (que non os iniciais que apuntaban a que en 2013 estaría lista toda a Autovía de Fisterra a Carballo) e estará operativa (o treito entre Carballo e Baio) durante este verán. Aí están preto de 250 operarios e 130 máquinas traballando arreo para que sexa unha realidade e se poidan abrir os 27 km da Autovía antes das eleccións.

Traballando arreo para entregar esta tarde a glorieta de Baio Traballando arreo para entregar esta tarde a glorieta de Baio Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios