Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta asegura que estudiará a creación do museo subacuático da Costa da Morte

A Xunta asegura que estudiará a creación do museo subacuático da Costa da Morte

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, mantivo a pasada mañá un encontro de traballo co alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, para analizar os resultados dos traballos de prospección arqueolóxica subacuática levados a cabo na ría de Corcubión promovidos pola Xunta de Galicia. Unha reunión que servía para que o alcalde lle trasladase a Do Campo as súas propostas de tratamento dos restos atopados, no ánimo de contribuír a xerar un novo atractivo e elemento de interese da Costa da Morte.

Con todo, e tralo que nos contan dende a Xunta parece que o museo subacuático seguirá sen ser unha realidade. I é que ese "a representante autonómica, comprometeuse a estudalas e a traballar desde o seu posto para dar coa mellor solución", non parece que sexa un firme compromiso de crear cos tesouros atopados un espazo cultural na nosa bisbarra.

I é que foron moitos os tesouros que atopados nos fondos das nosas rías. A campaña desenvolveuse no mes de xullo e nela atopáronse dous pecios da flota de 1596 ao mando do avanzado de Castilla Martín de Padilla e outros dous documentados como vapores ingleses de finais do século XIX e principios do XX en profundidades de ata 54 metros.

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Fonte

Comentarios