Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta asegura que realizou o pago de todos os terreos expropiados pola autovía Costa da Morte

A Xunta asegura que realizou o pago de todos os terreos expropiados pola autovía Costa da Morte
Estado das obras da Autovía Costa da Morte Estado das obras da Autovía Costa da Morte O pasado 22 de setembro a Xunta de Galicia anunciaba que as obras do primeiro tramo autovía da Costa da Morte que discorre entre Carballo e Baio estaban executadas nun 57%. E xusto onte, oito días despois,a consellería de Medio Ambiente dirixida Ethel Vázquez comunicaba que agora xa están no 62% e co pago das expropiacións realizado ou ben “cos pagos consignados para que os propietarios dos terreos os requiran no momento que desexen”. Así o confirmou a pontecesana no Pleno do Parlamento, onde respondeu a unha pregunta sobre a evolución dos traballos desta infraestrutura, que terá un impacto positivo na dinamización da comarca. A responsable de Infraestruturas trasladou na Cámara galega que as obras marchan a gran velocidade, xa que os movementos de terras están practicamente finalizados, case ao 90%, e a construción das estruturas ao 83%, polo que –tal e como se comprometeu o Goberno galego, engadiu- esta infraestrutura será unha realidade o próximo verán. Ethel Vázquez tamén destacou que o proxecto da autovía aprobado pola Xunta atende as demandas e consideracións que trasladaron os veciños e os concellos da traza e se priorizou e axilizou o pagamento da totalidade das expropiacións. Nese sentido, lembrou que a Axencia Galega de Infraestruturas xa abonou o pagamento das 3.000 fincas aos seu propietarios; que suman un orzamento de 9 millóns de euros. Indicou que este pago non impedirá que os afectados cobren máis adiante o importe que determine o Xurado de Expropiación. Seguridade A conselleira destacou que tamén se mantiveron numerosas reunións para atender as demandas para reforzará a seguridade viaria nesta infraestrutura, nas que se determinou que o enlace en San Paio, Corsitanco, é o axeitado, por exemplo. Tal e como se informou recentemente, no cruce da Piolla, no concello de Zas, definirase unha glorieta que se porá en servizo ao mesmo tempo que a autovía da Costa da Morte. Non obstante, co obxectivo de minimizar a afección á densidade de tráfico que rexistra esa estrada entre Cee e A Coruña ao seu paso polo núcleo da Piolla, artellouse unha solución provisional: unha intersección perpendicular á AC-552, sinalizada como provisional de obras ata a execución da glorieta definitiva. Ademais a conselleira explicou que desde o mes de marzo se intensificaron os traballos na zona e na actualidade son preto de 250 os operarios e máis de 120 as máquinas que traballan diariamente na construción da autovía. Por último, recordou que a Xunta tomou a decisión de priorizar o treito 1 entre Carballo e Baio, por ser o que rexistra o maior volume de tráfico, o que ten a maior lonxitude con 27 km, un 60% do percorrido, e porque atende as necesidades de cinco municipios da traza: Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo. Ainda así continúa a incertidume sobre cando se realizará o segundo treito da autovía Costa da Morte.

Novas da Autovía

Artigos relacionaddos

Fonte

Comentarios