Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta asina un convenio ca CMAT que permite dous anos de estabilidade para marcar a estratexia

A Xunta asina un convenio ca CMAT que permite dous anos de estabilidade para marcar a estratexia
Os alcaldes de Mazaricos, Laracha e Laxe coa representante da Xunta Os alcaldes de Mazaricos, Laracha e Laxe coa representante da Xunta Forte impulso da Xunta ao CMAT, o ente publico-privado destinado a ser o interlocutor único do sector turístico da Costa da Morte para coas administracións. Ademais do apoio da Deputación, Costa da Morte Asociación Turística vén de asinar en Mazaricos esta mañá de 27 de setembro un conveio binual con Turismo de Galicia. Un convenio que dá por fin estabiulidade e marxe de maniobra á entidade para planificar unha estratexia conxunta, permitindo a mellora a competitividade, promoción e desenvolvemento do xeodestino da Costa da Morte. O convenio, que ascende a 150.000,00 € dos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, achegará 115.600,00 € distribuidos en dous pagos de 57.800 € con cargo a cada una das anualidades (2018 e 2019), terá esta serie de liñas de actuación: • O deseño dun plan estratéxico para a Costa da Morte • As accións de comunicación e promoción do Xeodestino. (Comunicación online e offline, xeración do material promocional diverso tanto para soportes dixitais como físicos, e presentación do destino e asistencia a feiras especializadas). • Especialización do destino e de produtos turísticos, actualización e mellora das • experiencias de Patrimonio e Turismo Activo. • Coordinación, planificación e seguimento das accións executadas a través do convenio. Cara ao exercicio 2019 prevense desenvolver as seguintes iniciativas: • Accións de comunicación e promoción do Xeodestino. (Comunicación online e offline, xeración do material promocional diverso tanto para soportes dixitais como físicos, e presentación do destino e asistencia a feiras especializadas). • Especialización do destino e de produtos turísticos, actualización e mellora das experiencias de Gastronomía, Patrimonio e Turismo Activo. • Coordinación, planificación e seguimento das accións executadas a través do convenio. Na mesma estiveron presentes os alcaldes de Camariñas (Sandra Insua), Laxe (José Manuel Mouzo), A Laracha (José Manuel López Varela) e Malpica (Eduardo J. Parga Veiga). O tenente - alcalde de Fisterra (Xan Carlos Sar Oliveira) o Presidente da CMAT e alcalde de Mazaricos Juan José en en representación do ente autonómico María Camino Triguero, Xefa da Área Provincial de Turismo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/arranca-o-programa-da-cmat-para-mellorar-a-competitividade-no-sector-turistico/ https://quepasanacosta.gal/a-cmat-aproveita-as-lendas-e-o-deporte-para-loitar-contra-a-estacionalidade-turistica-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/empresarios-bergantinos-plan-turismo-cmat/

Comentarios