Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta prorroga a vixilancia da reserva mariña de Os Miñarzos

A Xunta prorroga a vixilancia da reserva mariña de Os Miñarzos

Parece que a presión mediática vale para algo e a Xunta prorroga a vixilancia das reservas mariñas de Os Miñarzos e Ría de Cedeira. E todo a última hora, pois esta mañá publicabamos unha protesta do pósito carnotán ante a falta renovación e de información sobre o servizo de vixilancia das reservas dos Miñarzos e Ría de Cedeira. Unha falta de vixilancia que levaría todo o traballo feito ao traste, pero que parece que finalmente se solventa por un ano máis trala reunión da Órgano de Xestión deste mesmo luns 30 de abril de 2012.

Comunicado protesta da AMPs Os MIñarzos a 27-04-12

Para o pósito, "a desinformación e o pouco tempo de reacción para asegurar a renovación do servizo de vixilancia" ameanzan o "bo e novo goberno do mar". E o máis grave que non é a primeira vez que se atopan ante esta situación. Xa pasaron pola mesma experiencia de incertidume e angustia o ano pasado, nestas mesmas datas.

Malia que o sector se amosou proactivo e intentou aportar e propoñer solucións, e mesmo buscar fontes de financiamento alternativas, a realidade é que non se logrou conseguir, ata a data, un compromiso firme de continuidade destes servizos. Nin tan sequera conseguiu que os Órganos de Xestión (responsables da xestión das AMPs onde participan pescadores e administración pública de forma paritaria) se reunise para tratar este aspecto tan crucial.
Esta circunstancia conleva unha perda de funcionalidade e operatividade deste órgano.

Falta de compromiso da Xunta

"Dá toda a impresión de que que existe unha falta de compromiso e interese real da administración cara ás AMPs e desaproveiten o papel pedagóxico que desempeñan as AMPs na concienciación e coreesponsabilidade do sector pesqueiro na sostnibilidade do mar", denuncian.

Entrementres, o modelo de ámbalas dúas AMPs é recoñecido a nivel nacional, europeo e internacional, e mesmo "a administración autonómica promóveo e recoñece de portas a fóra (có proxecto MAIA, etc.), de cara dentro parece que non procede da mesma forma". "Percibimos que hai unha desestructuración administrativa da propia administración autonómica, e nin tan sequera sabemos quen é o novo interlocutor", sinalan. Parece que ninguén quere asumir as súas responsabilidades", afirma o sector.

Os gastos da AMPs

"Unha AMP custa á Administración autonómica menos que coche me gama media", afirman. "Non esquezamos, nembargantes que -tal e como detallan os decretos 87/2007, do 12 de abril, modificado polo decreto 240/2008 e 28/2009, do 29 de xaneiro- a Consellería é a responsable de facilitar os medios necesarios para o control e seguimento. Nin tampouco debemos esquecer, que o mesmo decreto establece que este servicio está financiado maioritariamente con fondos da UE (fondos FEP) onde a Comunidade Autónoma só debe aportar unha pequena porcentaxe do cofinanciamento".

Confianza dende o sector

A pesar de que arredor da reserva hai moitas visións, "Dende o sector pesqueiro e dende as confrarías reafirmamos o compromiso coas AMPs Coxestionadas. Cremos nelas e constatamos os seus beneficios, por iso estamos profundamente preocupados que estas AMPS poidan acabar converténdose nunhas "AMPs de papel". Non permitiremos que todo o esforzo realizado ao longo destes anos e os beneficios ambientais e sociais asociados se perdan. Non se debe esquecer que estas áreas mariñas protexidas foron unha iniciativa do propio sectorpesqueiro. Eles as diseñaron e propuxeron un plan de xestión máis restrictivo que o da propia administración".

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas sobre Lira

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    • Información da Confraría de Lira.

    Comentarios