Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta segue desatendendo a apertura do Castelo do Príncipe a pesar de darlle a razón á Plataforma

A Xunta segue desatendendo a apertura do Castelo do Príncipe a pesar de darlle a razón á Plataforma
Castelo do Principe de Ameixenda-Cee Publico Xa Cartaz pola apertura do Castelo do Príncipe

Aló por marzo parecía que a apertura do Castelo de Ameixenda estaba preto, cando a Xunta aseguraba que esixiría o cumplimento da Lei. Pero as cousas vanse enfriando, e dende o 15 de xuño a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe non recibe ningunha notificación da Xunta nin da Valedora do Pobo, que en febreiro amosara o seu apoio ás súas peticións.

Durante os meses de maio e xuño a Valedora instou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria a que comprobase a situación do inmoble, pero non obtivo a resposta que, por obriga legal, teñen que dar.

Pasados tres meses dende a última información da Caledora entenden que a súa petición queda “desatendida por parte da Xunta de Galicia, a pesares de dar a razón”. Por iso, a Plataforma vai esixir unha cita ca persoa responsable nesta materia, a subdirectora xeral de protección do patrimonio cultural, María Beatriz González Loroño, que ten ao seu cargo o Servizo de Vixilancia e Inspección. Na sesión esixiralle as explicacións pertinentes e o cumprimento da lei.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/presentan-no-rexistro-do-concello-de-cee-600-sinaturas-que-apoian-a-apertura-do-castelo-do-principe/ https://quepasanacosta.gal/a-xunta-esixira-a-apertura-do-castelo-de-ameixenda/ https://quepasanacosta.gal/bng-o-paso-de-convenio-entre-conselleria-e-dono-do-castelo-de-ameixenda-deberia-estar-cerca/

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

Comentarios