Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta valora positivamente a catalogación como BIC da Igrexa Santa María de Atalaia de Laxe

A Xunta valora positivamente a catalogación como BIC da Igrexa Santa María de Atalaia de Laxe
A Igrexa de Santa Maria da Atalaia de Laxe camiño de ser Ben de Interese Cultural-Foto-Laxe.net A Igrexa de Santa Maria da Atalaia de Laxe camiño de ser Ben de Interese Cultural-Foto-Laxe.net

Ao igual que acontecía o mes pasado co Arquivo Vidal, o Consello Territorial de Patrimonio de Galicia vén de dar o visto bo e valorar positivamente que a Igrexa Parroquial de Santa María de Atalaia en Laxe sexa declarada BIC, pola Xunta de Galicia, á vista da documentación presentada.

Outra gran noticia para Laxe, que ve como o traballo dende a Concellería de Turismo, Hostalería e Comercio de Xosé Manuel Pose Lema (BNG) está dando os seus froitos en materia de protección e promoción do patrimonio.

Vimianzo

Dende o Consello territorial autorizouse tamén na comarca de Bergantiños-Costa da Morte deuse autorización parcialmente para o acondicionamento exterior dos terreos que rodean o Castelo de Vimianzo, rexeitando calquera actuación no espazo do Castelo declarado BIC.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-arquivo-vidal-da-pasos-para-a-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural/

Comentarios