Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas xa ten cartel, vídeo e protagonista

A XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas xa ten cartel, vídeo e protagonista
Palilleiras na Deputacion Presentacion da Mostra do Encaixe na Deputación Cartel da Mostra do Encaixe 2017 Cartel da Mostra do Encaixe 2017 con Marta Lado como protagonista

A Deputación da Coruña acolleu onte a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018. A cita servíu para presentar a imaxe desta nova edición, da que será protagonista a actriz fisterrá Marta Lado.

Unha Mostra que continúa sendo o mellor exemplo galego da posta en valor dunha artesanía centenaria convertíndoa en peza de moda, en viva imaxe de modernidade, deseñor e futuro.

A presentación tamén contou coa presenza dunha delegación composta por unha trintena de palilleiras de Camariñas, que efectuaron unha demostración en vivo da súa arte.

Ao igual que o ano pasado, a achega da Deputación ascenderá a 120.000 euros, ademais de poñer a disposición a imprenta provincial para a elaboración dos carteis e o material promocional. Un apoio material cun valor superior aos 22.000 euros en cada edición da feira.

Proxección do vídeo promocional

No acto celebrado hoxe tamén se presentaron o cartel e o vídeo promocional da XXVIII edición da Mostra. O vídeo contou coa colaboración da deseñadora Sandra Lage, recoñecida polo uso do encaixe de Camariñas como sinal de identidade dos seus deseños. Baixo o lema “Camariñas, onde nace o encaixe”, a curtametraxe narra a historia da elaboración dun traxe de noiva percorrendo distintos espazos do concello de Camariñas, coma o faro do Cabo Vilán ou a praia de Arou, e contrapoñendo elementos modernos coma o deseño innovador do traxe, con outros tradicionais coma o velo herdado da avoa. Está presente así a importante transmisión xeracional desta arte, coa figura da pequena Andrea aprendendo a palillar con Angelita, unha das máis veteranas do concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios