Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aantena expande o patrimonio inmaterial dos Naufraxios pola Costa da Morte

Noite de Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses
Imaxe dunha representación da Noite de Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses
Aantena expande o patrimonio inmaterial dos Naufraxios pola Costa da Morte

A Praia de Traba (Laxe), a Punta da Barca (Muxía), a Praia de Razo (Carballo), a Ermida de San Hadrián (Malpica) o Cemiterio dos Ingleses (Camariñas) e a Praia de Lobeiras (Arou) convertiranse en perfectos escenarios, e mesmo protagonistas, da nova proposta teatral do grupo Aantena. Bernardino Martínez e Xosé Leis propoñen unha serie de accións teatrais en espazos simbólicos coma estes para poñer en valor o patrimonio inmaterial dos Naufraxios da Costa da Morte.

Este xoves 13 de agosto, ás 23:00h, comeza en Traba este espectáculo multidisciplinar que pretende dinamizar turisticamente a zona e xenerar un novo xeito de redescubrir e honrar a nosa historia. Un espectáculo creado por autores galegos, interpretado por elenco galego e integramente en galego. Así ademais do camariñán e o herculino (produtor e director), o elenco está formado por Alicia Baña, Andrea Rodríguez e Antonio de Valdivieso, acompañado pola música de Klaus Martínez.

A iniciativa, acollida dentro do Fondo de proxectos Culturais Xacobeo 21 da Consellería de Cultura e Turismo, conta co apoio dos concellos de Carballo, Laxe, Camariñas e Muxía, e servirá para recuperar as historias dos propios barcos afundidos neses mesmos lugares.

Son actividades de balde, pero ante a situación do covid-19 as medidas tomadas son: Anotarse obrigatoriamente na web: Aantena. Ademais será obrigatorio o uso de máscara o público estará sentado en cadeiras e coa distancia de seguridade. As prazas son limitadas a 100 persoas por lugar e a inscrición peche un día antes de cada función.

De Traba pasarán polo Trece o venres 14, pola Barca o sábado 15, por Arou o domingo 16; e a vindeira semana o 21 estarán na Ermida de Santo Hadrián e o 22 en Razo.

Naufraxios Costa da Morte prrgrama 2020

Novas relacionadas

Comentarios