Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Abelleira e Independiente xogaranse o 39º Campionato de Barrios

Abelleira e Independiente xogaranse o 39º Campionato de Barrios
Abelleira e Independiente-Final Campionato Barrios Esteiro 2016 Abelleira e Independiente será a Final Campionato Barrios de Esteiro 2016

As Festas do Carme de Esteiro, ademais das verbenas e da procesión marítima, teñen unha cita moi especial. O domingo 14 terá lugar a final do torneo máis importante do verán costeiro. Chega ao seu remate a 39ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro, e farao cunha finalísima entre Abelleira e Independiente.

Mandaron na fase regular, e nas semifinais puideron cos Ciclóns do Maio e o Cánchester con goles de Álex. Con máis de 500 persoas no Xosé Luís Vara, e un gran ambiente a pesar da abafante calor, o Independiente venceu 2-0 aos Ciclóns e o Abelleira venceu ao Cánchester por un rotundo 5-0, cos tantos de Ancho (2), Adri, Cristian e Adán.

O Cánchester non puido co Abelleira O Cánchester non puido co Abelleira

A Culler de pau

Un ano máis o equipo do Praias de Raimundes “alcanzou” a "cuchara de pau" que é trofeo que se lle outorga ao último clasificado no campionato.

No tocante aos premios individuais o Independiente arrasou e Mitri levou o trofeo ao máximo goleador e MJ ao porteiro menos goleado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios