Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aberto, ata o 17 de xaneiro, o prazo de inscrición de espectáculos á Rede Cultural da Deputación

Aberto, ata o 17 de xaneiro, o prazo de inscrición de espectáculos á Rede Cultural da Deputación
Rede Cultural da Deputacion da Coruna copia Ata o 17 de xaneiro, compañías, profesionais e entidades (este ano por primeira vez de toda Galicia) poden inscribir os seus espectáculos nos catro programas da nova edición da Rede Cultural da Deputación: "Escena ao vivo", "Visións", "Alicerce" e "Lingua a escena!". Este ano, o ente provincial, como publicaba no BOP, destina 2 millóns de euros para este programa que serve para encher de contidos galegos festas e citas en todo o país, e ademais fixa emprego no sector cultural. Así o refrendan as citas do ano pasado, con case 2.000 mil actuacións (350 na Costa da Morte) programadas nos concellos da Coruña, convertendo tamén a Rede no principal espazo de distribución do audiovisual galego.

Prazos

A nova convocatoria da Rede Cultural inicia agora o seu proceso abrindo un prazo para inscrición de espectáculos que se prolongará até o día 17 de xaneiro ás 14:00 horas. A solicitude de espectáculos por parte de concellos e entidades iniciarase o 27 de febreiro e rematará o 13 de marzo ás 14:00 horas. Despois de que o día 13 de marzo peche o prazo para que concellos e entidades soliciten os espectáculos ofertados, a resolución da adxudicación realizarase antes do 13 de abril. A Deputación da Coruña achega o 75% do orzamento para concellos de menos de 5.000 habitantes, o 60% para os que van dos 5.000 a 10.000 habitantes, 50% para os que contan cunha poboación de entre 10.000 e 20.000 habitantes, un 40% para os que van de 10 a 50.000 e un 30% aos que superan os 50.000 habitantes. No caso das entidades, poderán solicitar actuacións do programa "Alicerce" para os que a deputación achegará o 70% do importe do espectáculo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-rede-cultural-traera-mais-de-350-espectaculos-a-costa-da-morte/

Comentarios