Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aberto o prazo para inscribirse na Liga de Verán de FS de Muxía

Aberto o prazo para inscribirse na Liga de Verán de FS de Muxía

Son varias as apostas deportivas estivais que traspasan fronteiras. Por Esteiro, ese Campionato de Barrios é toda unha lenda, mentres que en Muxía a Liga de Verán de fútbol Sala vai polo Camiño. Non son case 30 anos como aló, pero en Muxía, o Concello xa vai artellar a 3ª edicición.

Ata o de agora xa están anotados equipos de Vimianzo, Baiñas, Mazaricos e Muxía. Entre eles, o campión do ano pasado, o O Cordobés (Muxía) que derrotou na tanda de penaltis o Loureiro/Coral (Vimianzo) despois de rematar o partido con empate a 1 gol. O ano pasado o máximo goleador da liga foi Fran do Fisober con 23 goles anotados; e o porteiro menos batido foron Santi e Simón do Clínica Sar con 16 goles encaixados.

Inscricións

A inscripción é gratuita e o incio da competición esta previsto para o luns 18 de xuño, os partidos xogaranse de luns a venres ás 20:30 h e ás 21:30 h. Tódolos equipos interesados poderan anotarse no teléfono 635 436 173. O prazo para inscribirse remata o mércores 13 de xuño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de MUxía.

Comentarios