Venres. 19.04.2024
El tiempo

Abre o plazo para participar no concurso de "Achegamento ao libro" da Biblioteca de Cee

marcapaxinas
Imaxe do marcapáxinas gañador da última edición do concurso da biblioteca Francisco Mayán de Cee.
Abre o plazo para participar no concurso de "Achegamento ao libro" da Biblioteca de Cee

Un ano máis a Biblioteca e a Concellería de Deportes, Cultura, Festexos e Turismo de Cee volven convocar unha nova edición do concurso "Achegamento ao libro", co fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura. Esta, xa sería a vixésima novena edición do certame, no que ano tras ano participan centos de nenos do Concello. A día de hoxe son máis de 7.000 os traballos presentados pola rapazada ceense aos diferentes concursos que organizan.

Ao igual  que o ano pasado, nesta edición tan poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, e que a dotación económica dos premios mantense en todas as categorías. Todos os participantes deben cumprir coas bases dos diferentes concursos, facendo fincapé coas que fan referencia á presentación dos traballos, que deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o 1 de abril ou enviar por correo ordinario.

Comentarios