Imprimir

Acento fisterrán para a candidatura de Jordi Farré á presidencia do FC Barcelona

Redacción | 27 de decembro de 2020

O fisterran Juanfran Martinez apoia a candidatura de Jordi Carre ao Barca
O fisterrán Juanfran Martínez apoia a candidatura de Jordi Carre ao Barca

Segue a carreira pola presidencia do FC Barcelona, e sorprendentemente a Costa da Morte pode ter algo que diciri. É o fisterrán Juanfran Martínez o que encabeza a plataforma galega de apoio ao precandidato Jordi Farré, coa intención de conseguir o aval dos socios e socias galegas e, así conseguir reunir as 2.257 firmas necesarias para pasar o corte e proclamarse oficialmente candidato o próximo 14 de xaneiro.

A cabeza visible da candidatura "Nou Impuls Barça", pediulle a”aos socios e socias do Barça en Galicia, que avalen ao precandidato Jordi Farré, xa que ten un proxecto ben desenvolvido e conta coas persoas adecuadas para sacar o club dunha dinámica negativa e de pesimismo”.

O socio culé fisterrán e representante da candidatura “Nou Impuls Barça”, Juanfran Martínez é claro: “Animo aos socios a participar na recolleita de firmas. É verdade que son tempos complicados pola situación que estamos atravesando e tamén por coincidir no medio do Nadal, pero os socios son os que teñen que decidir que candidatos pasan o corte e daquela quen será o próximo presidente. O que os socios e socias decidan, seguro que será acertado”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/acento-fisterran-candidatura-jordi-farre-presidencia-do-fc-barcelona/20201227084426124145.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia