Imprimir

As actividades de conciliación para o verán da Laracha son ao aire libre

que pasa na costa | 29 de xuño de 2020

Espectacular o programa de actividades de conciliación para este verán que saca o Concello da Laracha. Era unha gran oportunidade para facer cousas ao aire libre e así o preparan, con quendas (de grupos pequenos pensado para os tempos que vivimos) de surf, golf, paintball, multiaventura, barco, barranquismo, kaiak… O programa de verán inclúe ademais espectáculos de rúa e cine ao aire libre para todos os públicos.

Ofértanse un total de 398 prazas nas propostas que requiren de inscrición previa. O prazo para anotarse ábrese hoxe luns e se anotarán por orde de inscrición.
Neste verán non se poderán celebrar os tradicionais campamentos municipais na praia de Caión, que son substituídos polos campamentos multiactivos que se levarán a cabo no campo de fútbol e pavillón municipais da Laracha en catro quendas de cinco días de duración cada unha delas e en horario de mañá. Van dirixidas a nenos de entre 4 e 12 anos de idade.

Programa Veran 2020 Laracha 2

Espectáculos

Neste verán de incertezas sobre a posibilidade da celebración das festas populares, o Concello ten programados espectáculos de rúa –ao aire libre- dirixidos a todos os públicos en datas moi simbólicas no termo municipal. Así, na fin de semana das festas do Carme (18 e 19 de xullo), o porto de Caión acollerá “La Coquette” de Kanbahiota e “Voa, voa!” de Talía teatro. Na fin de semana das festas patronais da Laracha (15 e 16 de agosto), na Praza Olonne Sur Mer haberá os espectáculos “Forzu2 + aéreos” de Circo Chosco e "A gran viaxe" de Inventi Teatro. E o día dos Milagres (martes 8 de setembro), na praza Eduardo Vila Fano de Caión actuará Fantoches con “Monstros no camiño”. Por último, salientar que o programa tamén inclúe a proxección de cinco filmes ao aire libre, en todos os casos a partir das 22:30 horas, coas películas “Los futbolísimos” (10 de xullo na Laracha), “Ralph rompe internet” (17 de xullo en Caión), “Superlópez” (7 de agosto en Paiosaco) e “Meigallos” (21 de agosto en Caión).

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-laracha/actividades-conciliacion-veran-da-laracha-son-ao-aire-libre/20200629090237120268.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia