Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuvenil

  • Última hora: Suspendida a xornada deste sábado 21 de decembro de todo o Fútbol Federado, pola alerta laranxa-vermella que hai activada durante todo o día.
Adestradores da Liga da Costa Xuvenil
Adestradores dos 4 primeiros equipos da Liga da Costa Xuvenil
Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuvenil

Comezamos unha serie de entrevistas nas Ligas de base, e facémolo pola Liga Xuvenil, que tan coidadosamente coidamos en QPC.

Hoxe enviámoslle unhas preguntiñas aos adestradores dos catro equipos que van en cabeza, e que loitarán polo título e polos dous postos da fase de ascenso: Pichón, do líder, o Soneira; Fernando, do Outes; Nando do Sofán e Fernando do Cabana.

En todo caso, Zas, Xallas, Corme, Seaia, Os Miúdos ou Cee están a apenas tiro de pedra dunha categoría absolutamente igualada. De feito, despois da derrota do Outes ante o Xallas esta pasada fin de semana, entre o 2º e o 10º hai apenas 7 puntos de distancia, cando quedan 16 xornadas por diante.

Preguntas QPC

  • 1.- QPC: Esta temporada está habendo moitas alternativas no alto da clasificación, e a táboa está moi igualada. Como vedes a Liga?
  • 2.- QPC: Que equipos vés claros favoritos para meterse no playoff? Que equipos te sorprenderon máis?
  • 3.- QPC: Nos últimos anos é complicado ver equipos costeiros pelexando por estar en categoría Autonómica, á excepción do Dumbría. En caso de chegar promoción de ascenso, cres que algún equipo costeiro tería opcións de chegar á Liga Galega ou é unha quimera?
  • 4.- QPC: Como ves o teu equipo neste ecuador da Liga? Que puntos fortes e que puntos débiles tendes?
  • 5.- QPC: Que selo lle intentas dar ao teu equipo?
  • 6.- QPC: A modo xeral, como vés o traballo na canteira no fútbol costeiro? Tendes algún referente no que fixarvos?
 

Sergio Miñones Oanes, “Pichón”, adestrador do Soneira Xuvenil

Pichon adestrador Soneira Xuvenil copia

1.- A verdade é que me esperaba unha liga igualada na parte alta da clasificación, e visto o visto o ano pasado daba como principais candidatos o título os catro equipos que estamos neses postos de privilexio. Unha liga na que non te podes relaxar nin un segundo xa que calquera equipo che pode sorprender, como por exemplo está demostrando o Camariñas nas últimas xornadas.

2.- Como principais candidatos vexo o Outes, Sofán e Cabana, por xogadores e potencial penso que somos os chamados a loitar polo título ata o final de tempada.
Sorprendeume o Sofán xa que foi o único equipo que nos pasou por encima e a verdade me sorprenderon moito estes dous últimos pinchazos porque me pareciu un equipo moi sólido. Tamén me sorprendeu o Seaia aunque o resultado fose moi abultado, é un equipo moi xoven e con moita calidad de tres cuartos para arriba e penso que nos próximos anos van a dar que falar.

3.- E por que non? Non teño moita información sobre as outras ligas, pero penso que os equipos da Costa tamén temos potencial para competir ben nesas fases de ascenso, como ben fixeron o Corme e Fisterra na tempada pasada, despois sempre se poden dar diversos factores como é o calendario, que moitos acaban xuvenís e non teñas máis categorías bases, etc.

4. Non me gusta moito falar do meu equipo e máis tendo en conta o partido deste sábado jajajaja. Pero penso que estamos no mellor momento da tempada, o partido do Sofán creo que foi un punto de inflexión o equipo en que non se pode baixar a guardia en ningún momento senon calquera equipo che pinta a cara.
Como puntos fortes penso que este ano nos convertimos nun equipo máis solido defensivamente e con moita velocidade de tres cuartos para arriba. E como puntos debiles pois saber competir de mellor maneira ante os equipos da parte baixa da clasificación xa que nos relaxamos moito e o principio da tempada costounos bastante a pesar dos bos resultados e que temos unha plantilla bastante curta.

4.- Gústame moito que o meu equipo sea protagonista do partido e darlle moita velocidade o xogo. Tamén intento mentalizalos que se queremos ter logros temos que facelo como equipo e facerlle saber os xogadores que todos somos igual de importantes.

4.-. Paréceme que cada vez é máis díficil xuntar rapaces para facer un equipo, polo menos é o que está pasando en Vimianzo que cada vez é máis complicado intentar facer categorías bases algo que me parece fundamental para o futuro dos clubs.
Está a vista o traballo que están facendo equipos coma o Dumbría e Corme, que penso que son os que mellor están traballando nesos aspectos, aunque hai varios equipos que están empezando a traballar ben desde abaixo e os que espero que cada vez sean máis, incluídos nós.

 

Fernando García, adestrador do Outes Xuvenil

Fernando Garcia Adestrador Outes Xuvenil

1.- A liga este ano parece máis igualada si cabe, que a do ano pasado. Quizá o Soneira por resultados, parece que esta un pouco por enriba do resto dos equipos. O Camariñas que parecía que estaba un pouco por debaixo do resto, encadeou dúas vitorias consecutivas contra dous bos equipos como Sofán e Xallas, polo que a igualdade e maxima entre tódolos equipos, como teñas un mal día gañache calquera equipo.

2.- Hai varios equipos que van estar aí ata o final. Cabana, Sofán, Soneira claramente, e o Cee, creo que se vai meter entre os 4 primeiros sen dúbida, xa que ten un equipazo.
Despois Esteirana, Zas... Como dixen antes todos xogan as súas armas e tódolos equipos queren gañar polo que tódolos equipos tenen cousas positivas...

3.- É difícil, os equipos da zona da Coruña son moi fortes. O ano pasado aos Miúdos tocoulle contra o Calasanz B e xa ves... non tivo opción.
Como che digo é difícil... Se quedas primeiro e te xogas todo nun partido e a un partido podes gañarlle a calquera, pero como non quedes de primeiro ou incluso si caes nese partido a fase para acadar o ascenso e moi complicada. Eu son partidario de que o campión ascenda directamente.

4.- Estamos sendo bastante irregulares. Temos grandes partidos pero tamén temos partidos que non facemos ben as cousas. Tamén é verdade que tivemos ata 12 baixas nalgún partido, e notase. Pero tampouco quero poñer de excusas... Temos que intentar acadar esa regularidade se queremos ter algunha opción para poder pelexar por algo este ano.
Punto forte é que somos, unha vez vaiamos recuperando a tódolos xogadores, unha plantilla ampla, onde a competitividade é máxima. Puntos débiles, quizias o aspecto mental, que en ocasións ímonos do partido con bastante facilidade, algo que temos que intentar mellorar.

5.- Creo que un equipo se ten que adaptar a diferentes esquemas e maneiras de xogar, xa que haberá momentos nos que teñas que xogar máis directo, outras nos que teñas que combinar máis, outras nas que xogues un pouco máis replegado.
Busco un equipo sobre todo que compita cada semana, e sobretodo que traballe entre semana, si traballas ben pola semana máis fácil e sacar algo positivo o finde...

6.- Agora mesmo creo que tódolos equipos, cos recursos que teñen traballan moi ben. Eu, que estou en Carnota, e somos un sitio con poucos nenos, intentamos facelo o mellor posible, ao igual que outro moitos equipos.
Referentes… Está na casa, creo que o Outes en traballo de canteira pode ser que sea o "millor", mellores son todos pero quizais o quee máis destaque. Pero é lóxico, unha vez estás dentro e ves como traballan... É lóxico que estaen onde están... Directiva, adestradores... e sobre todo Carlos Romero, que creo que é a peza clave en todo o engranaxe do Outes.
En relación ós meus xuvenís, cada semana varios están adestrando co equipo sénior e moitos deles van xogar algún partido con eles. E para os juveniles ir con eles é un salto de calidade grande.

 

Nando Muíño, adestrador do Sofán Xuvenil

Nando Muino na sua etapa nas Somozas-Foto-David Castro
Foto: David Castro

1.- Quitando ó Soneira que xa alcanzou un colchón considerable e non ten pinta de ceder, o resto estamos nunha loita un tanto irregular, xa que a clasificacion muda cada semana de posicions entre o 2º e o 10º.
Vexo unha liga moito mais igualada que o ano pasado, esta semana perdemos de sumar case todos os do grupo de arriba. No noso caso fomos capaces de esta semana perder co Camariñas que viña sendo dos ultimos clasificados, pero que teñen un xogador que marca diferencias como é Mario. Pero tamén fomos capaces de meterlle 4 ó líder na súa casa sumándolle a única derrota do seu casilleiro. A verdad que nos está constando coller regularidade.

2.- Personalmente o equipo que máis me gusta é o Outes, xa me gustou moitísimo o ano pasado. Sorprendeme o Seaia que ten un equipo coa maioría de primeiro ano e están competindo moi ben.
Eu penso que Soneira e Outes van terminar seguro en postos de playoff.

3.- Sinceramente vexo poucas opcións para que algún equipo suba de categoría. O nivel da Liga é moito máis baixo que en Coruña ou Santiago. O ano pasado Os Miudos ganaron a liga de calle e xogaron contra o 5º de Santiago e perderon de forma contundente. A primeira autonómica xa é un regalo para a Costa, pois non existe a segunda, no caso de lugares como o Barbanza por exemplo, teñen a sua propia segunda e os equipos de primeira van xogar a Santiago e arredores. Na Costa non pasa eso, certo é que ten a súa propia esencia xogar na Costa pero personalmente creo que lle resta nivel á competición que partan todos os equipos costeiros dende a primeira.

4.- Eu estou moi contento co meu equipo, quizais nos falta creelo máis, a nivel competitivo somos moi irregulares, que Nachete non acabe de recuperarse, xunto con outras lesións que se sumaron como a de Mateo e Rial condicionan moito o noso equipo. Xa que temos unha plantilla corta ainda que moi homoxénea na que calquera pode ser titular.

5.- A min gústame traballar os partidos, non temos unha forma definida de xogar, intentamos plantear cada partido para ganalo, quero que o meu equipo se perde sexa porque o rival foi mellor, pero non permito que o rival nos gane por correr màis ou por ser màis intensos.

6.- Eu penso que todolos equipos están traballando moito e moi ben. Ter categorías inferiores dá moito traballo, as directivas fan unha labor impresionante. Despois depende moito do lugar, se non hai rapaces non hai.
Eu penso que Sofan se está convertindo nun referente nese aspecto, unha parroquia de Carballo con un equipo en preferente e equipo en todalas categorías e nalgunha incluso dous, pero eso tamén ten un porqué. Normalmente as directivas están formadas por un que fai todo e outros que van o día da festa para a foto. En Sofan é diferente, ves a un grupo de amigos entre directiva e colaboradores que se desviven polo Sofán e é raro non atopalos polo Carral.

 

Fernando Mato, adestrador do Cabana Xuvenil

Fernando Mato-Adestrador Cabana Xuvenil

1.- A liga está moi reñida, cun equipo que se está escapando como é o Soneira, o resto estamos moi igualados.

2.- O soneira, sen dúbida, e despois Sofán ou Outes. Sorprendiume o Soneira e o Xallas, pero tamén Sofán e o Seaia, que con xente de primeiro ano están a competir a un gran nivel.

3.- Para ascender un equipo costeiro está dificil, pero non imposible, depende da sorte nos cruzes e sobre todo que os equipos da capital refórzanse e para nós é imposible.

4. - O noso equipo é competitivo e se non hai lesións imos dar guerra. De feito 4 ou 5 xogadores xa van convocados co equipo senior.
Onde nos falta un pouco é no tema do gol, pero os que están, están respondendo ben.

5.- Intento que salgan a competir en todos os partidos e sobre todo que teñan bo rollo entre eles, xa que somos 20 e é dificil rotar a tantos.

6.- Na Costa todo o mundo intenta ter categorías base e cada día é máis competitiva. O problema é que non hai rapazes para tantos equipos.
Fixámonos en moitos equipos. A base de moitos anos indo aos torneos que nos invitaban, é algo sempre se aprende.

 

ENTREVISTAS QPC

Comentarios