Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa

Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa
Adrian Makaay pichichi da Liga da Costa 15-16 Adrian Makaay afrontando un penalti en Ara Solis co seu Fisterra-Foto-Darío Gómez

Repasabamos esta semana os gañadores dos Trofeos Pichichi e Zamora deste curso na 1ª e 2ª Autonómica do Fútbol da Costa, que se recollerán na III Gala do Fútbol da Costa-QPC que terá lugar o 24 de xuño. E entre os datos que saíron deste curso, hai un que salientar. “Na Liga da Costa meto 40 goles”, dicía con fachenda Adrián Makaay ao comezo desta temporada, na que tiña que cambiar o Dumbría de Preferente polo Fisterra da 2ª Autonómica por motivos laborais.

E non era brincadeira, non. Con 41 goles pechou este curso o capitán do Titanic fisterrán, unha cifra que fixeron saltar as alarmas dos estudiosos do noso fútbol, como Luís Porto ou Chema Rei.

Precisamente o baiés fainos un repaso completo unha vez que se decatou que os 41 tantos do fisterrán debían estar entre os rexistros máis altos da historia, tanto a nivel de equipos como de xogadores. Non chega ao nivel daquel Isidro, o Home-gol , que marcou nao grupo Sur da Liga da Costa na 91-92 a frioleira de 61 goles e 52 un ano máis tarde co seu Fisterra. Pero serve perfectamente para recoller o seu legado.

Chema Rei e Lema Suárez recollen no seu libro “50 anos da Historia do Futbol da Costa táboas de goleadores a partir da temporada 26ª (88-89), que é cando comezan a terse datos fiables.

Durante a historia da Liga da Costa houbo varias empresas que patrocinaron o trofeo aos máximos goleadores: na primeira época a empresa Carburos de Cee creou ao "Trofeo Chacho", do que houbo cinco edicións -se non estamos errados- (da 70-71 á 74-75), pero ao parecer os rexistros goleadores non se correspondían coa realidade, pois os "informadores" dos clubs á prensa disque inflaban a cifra dos seus pichichis. De feito, na 1ª edición que gañara Petisco (Noia), aparece con 64 goles no libro da Historia do CD Baio e da Liga da Costa de XM Lema e con 54 na Historia do Noia de Ricardo Güeto, mais polo visto na investigación deste libro a cifra queda tan só en 33 goles. Por iso non podemos asegurar con certeza os goles que marcou Manín (Noia) na 73-74, que abofé que foron moitos, nin se os 39 que lle conceden a Mariño (Esteirana) na 74-75 son certos.

Pasando aos datos máis seguros, Lema e Rei elaboraron as táboas de goleadores a partir da 88-89, ás veces baseándose nos distintos trofeos instituidos ("Asesoría Afiga" -da 90-91 á 92-93-, "Groupama Seguros" -da 2000-01 á 01-02- e "Gelucho Romar" -da 03-04 á 11-12-), e cando non en base a elaboración propia das distintas crónicas que aparecían na prensa. Sobre isto poden establecer para estas tempadas que a “Clasificación histórica dos goleadores da Liga da Costa (2ª Rexional)“ é a seguinte:

Clasificación histórica dos goleadores da Liga da Costa

PostoGoleador (equipo)GolesTemporada
ISIDRO (Fisterra)61 goles (91-92)
ISIDRO (Fisterra)52 goles (92-93)
ADRIÁN MAKAAY (Fisterra)42 goles(15-16)
JOSÉ CARLOS (Dumbría)39 goles (05-06)
DAVID BLANCO (Zas)38 goles (15-16)
RICARDO LAREO (Nantón)36 goles (90-91)
PEPUCHO (Camariñas)34 goles (91-92)
ISIDRO (Xallas)34 goles (94-95)
PITI (Volantes)34 goles (14-15)
10º SUSO INSUA (Cee)33 goles (91-92)
10º ÁLEX (Castriz)33 goles (15-16)
10º YUYO (Camariñas)33 goles (15-16)
 

Clasificación histórica dos goleadores da 3ª Autonómica do Fütbol da Costa

PostoGoleador (equipo)GolesTemporada
LUIS (Nantón)39 goles (10-11)
TONIÑO (Coristanco)38 goles (06-07)
ÁLEX (Cerqueda)38 goles (11-12)
MANOLIÑO (Lira)37 goles (08-09)
MOUZO (Laxe)35 goles (01-02)
LITOS (Vimianzo)35 goles (02-03)
 

Tamén son de destacar en categorías superiores os goles conseguidos polo cabanés Mino (Malpica), con 34 goles na 1ª Rexional Provincial (98-99) e polo baiés Guillermo (Ordes), con 31 goles na Preferente (01-02).

Máximos rexistros goleadores dos clubs

Por outra parte, e xa no referido aos clubs, os 114 goles que marcou o Fisterra supoñen a 5ª marca da historia só superada polo Cee (135 na 91-92), e polo propio Fisterra (130 na 91-92, 126 na 76-77 e 118 na 76-77); pero ollo porque os 104 que marcaron esta tempada o Sp. Zas e o San Lorenzo, colócanos xusto por detrás, superando os 103 que marcara o Xallas na 81-82. Con todo, se nos atemos ao promedio de goles por partido eses 114 goles do Fisterra dan un resultado de 3'35 goles por partido, que se situarían no 21º posto da clasificación histórica.

Do mesmo xeito, entre os máis goleados, os 118 goles encaixados esta tempada polo Volantes de Baño colócano na 12ª posición histórica, e os 114 do Cabana na 14ª posición. Iso si, os promedios de goles encaixados por partido mantéñenos bastante lonxe dos 25 primeiros nesta clasificación.

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios