Martes. 16.04.2024
El tiempo

Adxudicación polémica da VAC e asfaltado de varias estradas de Vimianzo e Ponteceso

Adxudicación polémica da VAC e asfaltado de varias estradas de Vimianzo e Ponteceso

Finalmente a Xunta adxudicou o treito Carballo-Berdoias da Autovía da Costa da Morte 200 millóns máis cara que a anterior proposta, a unha UTE na que forma unha das empresas polas que a Xunta decidiu rescindir aquel primeiro contrato, argumentando que non tiña solvencia económica. Un proceso que obrigou a retrasar dous anos máis a proposta.

A gañadora é a agrupación ‘Consorcio Autovía da Costa da Morte’ formada polas construtoras galegas Copasa, CRC, COVSA e Taboada y Ramos.

As obras comezarán no mes de xuño, e terán un prazo de execución de 24 meses, polo que non estará operativa antes de que finalice a lexislatura, como prometía hai pouco o Presidente da Xunta. Xuño de 2013 é a data coa que comezaremos a facer rebaixas.

Arranxo de autonómicas

Se falabamos a pasada semana do parcheado da AC-552, esta semana a Xunta anuncia novas melloras en estradas autonómicas ao seu paso polos concellos Vimianzo e Ponteceso.

Na estrada vimiancesa AC-441 Pereira-Berdoias, realizáronse traballos de tratamento superficial da estrada ao longo de dous quilómetros na travesía de Baiñas.
Asemade, no concello de Ponteceso, na AC-419 Ponteceso- A Baña, estanse a traballar entre os PQ 7 e 8.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios