Venres. 29.03.2024
El tiempo

A AECC leva as súas charlas informativas de Corcubión a Cee

Charla co doutor Pequeño na Capela Corcubión
Charla co doutor Pequeño na Capela Corcubión
A AECC leva as súas charlas informativas de Corcubión a Cee

A Asociación Española Contra o Cancro provincial de A Coruña está a levar a cabo charlas na súa área de influencia para dar a coñecer os avances na investigación sobre o cancro. Estes días estivo en Corcubión, e xa pensa, en colaboración coa Xunta Local de Cee, na cita deste 5 de Marzo, arredor do "O impacto da investigación na supervivencia no cancro", da man da ponente Amanda Guitián Caamaño, investigadora do INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña). O acto terá lugar ás 19:00 h no Auditorio da Casa de Cultura de Cee.

En Corcubión, o pasado sábado, foi o doutor Cándido Pequeño Prieto o que dirixiu a sesión. O médico de Atención Primaria de Cee foi debullando información valiosa sobre os avances que se están a levar a cabo no campo da medicina, repasando os distintos tipos de cancro (remarcando os de prevalencia na bisbarra), as estatísticas e investigacións que xunto coa súa propia experiencia profesional apoian a teoría preventiva presentada.

Entre moitos dos consellos, animou á xente a manter o avalado e boísimo hábito de camiñar, esas coñecidas como "rutas do colesterol": Ruta Cee-Corcubión, Ruta Dumbria... aproveitando calquera das impresionantes paisaxes que temos na comarca para coidarnos. Pra finalizar e antes do paso ás preguntas do público asistente, remarcou a importancia de implicarnos pais, nais e toda a sociedade, na prevención do consumo, especialmente a idades moi tempranas, do alcohol, tabaco e doutras substancias nocivas, porque tamén teñen repercusión cancro.

Cartel Charla Investigación AECC 5 Marzo CEE copia

Comentarios