Venres. 29.03.2024
El tiempo

AFAFES seguirá impartindo os cursos de memoria en VImianzo

As participantes no Taller de Memoria de Vimianzo visitaron o Castro das Barreiras
As participantes no Taller de Memoria de Vimianzo visitaron o Castro das Barreiras
AFAFES seguirá impartindo os cursos de memoria en VImianzo

César Bugallo, coordinador de AFAFES asinou este pasado venres un convenio de colaboración co Concello de Vimianzo para continuar co desenvolvemento dos talleres de memoria, nos que participan 125 persoas, e que desenvolven actividades de estimulación cognitiva e emocional, ademais doutras máis lúdicas como a gravación dun vídeo recitando poemas de Rosalía de Castro para celebrar o Día de Rosalía ou a recente visita ás escavacións do Castro das Barreiras.

Parece claro a importancia da presencia destas entidades nos concellos para prestar un servizo e un asesoramento moi necesarios para as familias nas que algún membro padece enfermidades mentais, máis concretamente a enfermidade de Alzheimer.

Novas relacionadas

Comentarios