Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Afectados e oposición critican irregularidades na convocatoria do conserxe do colexio de Corcubión

CEIP Praia de Quenxe de Corcubion
Imaxe do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión
Afectados e oposición critican irregularidades na convocatoria do conserxe do colexio de Corcubión

En proceso está a convocatoria da praza de conserxe para o CEIP Praia de Quenxe, en Corcubión. Despois da primeira valoración o xurado, trala que a persoa coa valoración máis alta resulta ser o nº5 da candidatura do PSOE nestas últimas eleccións municipais, varios dos que participaron no procedemento veñen de presentar alegacións.

A espera do resultado ás alegacións está a ser tensa, e a oposición non desaproveitou para lanzar os seus dardos contra o goberno formado por PSOE e PACor. Hai un mes o BNG alertaba da posible “ilegalidade e fraude de lei” na que incurría xa a convocatoria, e lembra que a pesar do informe da secretaria, o rexedor levantou o reparo suspensivo de legalidade, seguindo adiante co expediente.

Se ben, como resaltamos, o proceso aínda non está resolto, o BNG considera que se trata dun caso de “enchufismo”, e consideran que “a praza de conserxe debería incluírse na oferta pública de emprego, e convocala como praza fixa e non temporal, e facer unha oposición con plenas garantías, sen que exista a posibilidade de filtracións”.

O Grupo Sempre Corcubión pide tamén explicacións ao goberno municipal, lembrando que xa houbo probas a finais do curso pasado, nas vésperas das municipais.

Dende o grupo de goberno deixan claro que “por agora non se contratou a ninguén. Hai un proceso de selección en marcha que todavía non rematou, e ningún membro do equipo de goberno está no tribunal”: Lembran ademais que “o ano pasado, que tampouco estabamos no tribunal ninguén do equipo de goberno, saíu elexido para conserxe un rapaz de Mazaricos, e ninugçen preguntou”. Sinalan ademais que están tranquilos porque o proceso está sendo levado pola Secretaria.

Os afectados

Algúns dos afectados, que esperan á resolución das alegacións (non hai datas establecidas, e alomenos a metade dos que se presentaron as presentaron), valoran certas estranezas no procedemento. “Exames encima das mesas, sen sobres cerrados e poñendo nome, apelidos e DNI en cada páxina; o criterio de desempate son as preguntas de reserva que non son obrigatorias; a valoración dos méritos de experiencia e formación cambiou do anterior proceso a este todos recibiron 0 puntos…” son algunhas das cousas que chamaron a atención de varios dos afectados durante este proceso, en contraposición co que se desenvolvera o ano pasado.

Son conscientes, en todo caso, que non se pode asegurar que haia fraude, pero si consideran “sospeitoso” o procedemento.

Comentarios