Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Ágora do Pedra da Aguia acolle un debate de nivel europeo sobre a pesca

Mesa redonda sobre Pesca no IES Pedra da Aguia
A Ágora do Pedra da Aguia acolle un debate de nivel europeo sobre a pesca

Hoxe ventres 5 de abril de 2019 o IES Pedra da Aguia convírtese nun centro europeo de debate sobre o mundo da Pesca. Xusto un día despois de que o Parlamento Europeo esquecera a diferenciación da pesca artesanal na aprobación dos Fondos FEMP 2021-2027.

Os Euroembaixadores do centro preparan unha completa mesa redonda sobre pesca e sostenibilidade á que acodirán importantes personalidades do sector.

Participarán na Mesa Mercedes Rodríguez Moreda, Directora Xeral de Pesca; Ana Miranda Paz, Eurodeputada BNG; Patricia Sánchez Abeal, da Axencia Europea de Control da Pesca; Andrés Cerdeiras Lemus, de Industrias Cerdeimar e Carlos Tavares Ferreira, de Stolt Sea Farm.

Vai ser unha mesa redonda dinámica, sen grandes monólogos e con preguntas curtas que faranse tras ser escritas nun papel, evitando así que o público sexa máis protagonista que os nosos invitados.

Novas relacionadas

Comentarios