Venres. 29.03.2024
El tiempo

Agricultores e gandeiros poden pedir as Axudas da Política Agraria Común

Visita a unha granxa de Coristanco
Visita a unha granxa de Coristanco
Agricultores e gandeiros poden pedir as Axudas da Política Agraria Común

A Consellería de Medio Rural iniciou fai uns días o prazo de solicitudes para os pagamentos directos e as axudas ao desenvolvemento rural para este ano no marco da Política Agraria Común (PAC). O prazo de presentación da chamada solicitude única está aberto ata o día 30 de abril.

Así o anunciou o Delegado da Xunta, Olvidio Romero nunha visita á Ganadería Pose S.U, sita en Coristanco, unha das beneficiarias destas axudas no 2018.

Unhas axudas importantes tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido, como reflicten as cifras. Tan só na zona de influencia de Bergantiños-Costa da Morte as axudas da PAC chegaron en 2018 a máis de 2.000 agricultores e gandeiros, cun investimento de arredor de 8,3 millóns de euros.

Os beneficiarios destas axudas directas incluídas na solicitude única deberán dispoñer de dereitos de pagamento básico, asignados en campañas anteriores a cada agricultor ou gandeiro, ou ben procedentes da reserva nacional ou de cesións. Ademais, os agricultores que apliquen prácticas beneficiosas para o clima ou o medio ambiente poderán ter un segundo pagamento. Por último, estas axudas tamén poderán suplementarse cando sexan solicitades por agricultores menores de 40 anos que comecen a súa actividade agrícola.

Comentarios