Martes. 16.04.2024
El tiempo

LETRAS GALEGAS

Albíscanse unhas comprometidas Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas

Anton Fraguas-Debuxo Letras Galegas 2019
Albíscanse unhas comprometidas Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas

Entrado xa o mes de marzo, imos coñecendo os programas municipais relativos ás Letras Galegas. Unha vez que xa coñecemos como vai ser o gran epicentro cultural galego, o do Festiletras, facemos un repaso polos primeiros concellos que nos envían as súas propostas para render homenaxe a Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019.

Maio das Letras en Zas

zas_maio_mes_letras_galegas_2019_1​Co Duatlón das Letras como unha das actividades principais que mesturan deporte e cultura, Zas prepárase para este “Maio, mes das letras”. Faino cun programa cargado de actividades para a animación á lectura, música e teatro.

A apertura do XI Concurso de Marcapáxinas para escolares serve de pistoletazo de saída, e os marcapáxinas premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2020. Os traballos poden enviarse ata o luns, 20 de maio de 2019 e as bases completas do concurso poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.

Ademais haberá varias citas de contacontos, como a visita á Biblioteca dos Ratos de Lonxedetodo o martes 7 e o día 21 á Axencia de Lectura de Baio, en ambos casos ás 18:00. En ambos casos, a función comeza ás 18:00 horas. O luns 13 de maio e, nesta ocasión, será “Polo Correo do Vento” o que visite os nosos centros educativos. Farao co obradoiro creativo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” que terá lugar ás 10:00 horas no CPI de Zas e ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose. Este mesmo día, tamén ás 12:30 horas, o alumnado de Secundaria do CPI de Zas asistirá un espectáculo de música e poesía de Feminino Plural no que Silvia Penide e Carla López abordarán o “Achegamento ao universo das mulleres autoras”. O martes, 14 de maio, as actividades xirarán ao redor da música. Así, Magín Blanco estará ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose de Baio co seu espectáculo “Camiños”; mentras que o Zënzar fará un “Repaso da nosa música e o papel da muller nela” nunha sesión que terá lugar ás 16:30 horas no IES Maximino Romero de Baio.

Ademais, o peche da IV Mostra de Teatro encádrase xusto no remate do programa, sendo o 9 de xuño ás 18:00 horas cando Auditorio Municipal de Baio teña lugar a clausura da Escola Municipal de Teatro Infantil, e o ditame dos gañadores da IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose.

Maio, mes das Letras Galegas en Cee

O Departamento de Cultural do Concello de Cee tamén prepara un completo programa, que comeza o martes 7 coa visita de O Xogo das Letras aos centros de ensino. O venres 10 toca clarinete as 20:30 na Casa da Cultura e o sábado 16 será a enrega de premios dos vistosos Concursos de Achegamento culturais da Biblioteca.

O venres 17 será o día grande cun Concerto da Banda de Música de Cee e o Coro infantil, co himno galego como momento máis emotivo. O sábado 18 haberá un Festival de Folclore Arxentino na Costa da Morte, ás 20:00h e o sábado 25 o Festival do Centro Social.

MAio das Letras en Cee

Maio das letras en Fisterra

Tamén Fisterra programa unha serie de actividades arredor das Letras Galegas. O mércores 8 de maio comeza a sesión cun fermoso proxecto musiqueiro-educativo, coa visita de Zenzar ao Pavillón para facer unha charla e un concerto para os centros escolares.

O xoves 9 a Gramola Gominola traerá o seu divertido rock infantil en galego tamén ás 11:00h ao pavillón.

O venres 10 de maio haberá monicreques cos Romeiro do Caracol ás 20:0h no Salón de Actos.

E para o 17 de maio, Suso Bahamonde presenta o seu novo libro de poemas, Caída, ás 19:00h na Biblioteca.

MAIO DAS LETRAS Fisterra 2019

Novas relacionadas

Comentarios