Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alcalde de Santa Comba, o primeiro en denunciar a falta de información comarcal

David Barbeira Alcalde de Santa Comba
David Barbeira, Alcalde de Santa Comba
O alcalde de Santa Comba, o primeiro en denunciar a falta de información comarcal

Situados a cabalo entre a Área Sanitaria da Coruña e a de Santiago, a información oficial da que dispoñemos a nivel comarcal ou municipal é lamentable. Se os medios estamos sacando información a través das familias ou dalgún profesional, ata os responsables municipais están tendo problemas para manter informados á súa veciñanza.

Así o deixou claro onte o alcalde de Santa Comba nun comunicado, no que sinala que presentou unha queixa ante a Subdircción Xeral de Información sobre saúde e epidemioloxía pola falta de información relacionada cos casos positivos de Covid-19 no concello xalleiro.

David Barbeira sinalou explica tamén no comunicado que solicitou á Subdelegación do Goberno abastecimento de material sanitario para levar a cabo os servizos do Servizo de Axuda no Fogar, emerxencias, policía Local, Protección Civil ou limpeza.

Así mesmo, indicou que xa comezaron os traballos de desinfección das instalacións públicas, e a semana que vén procederán a poñerse en contacto coa Consellería de Educación para desinfectar os colexios.

Este luns dará a última información sobres os afectados.

Novas sobre o Coronavirus

Comentarios