Alejo e MC, 2º e 3º máximos goleadores da historia da Liga da Costa
09:00 17/05/17
MC e Alejo, pasan a historia da Liga da Costa como 3º e 2º máximos goleadores -Fotos de Santi Díaz e Fin Lema
Meten medo a cifra de goles que marcaron este ano os dous máximos goleadores da Liga da Costa. Unha cantidade que por momentos parecía que podía ter superado a estratosférica cifra de Isidro, o “Home-Ghol”. Non conseguiron chegar aos 61 goles que marcase o dianteiro ceés co Fisterra na tempada 91-92, pero si que superaron os 41 de Adrián Makaay do ano pasado, convertíndose Alejo no 2º máximo da historia da Liga da Costa, e quedando MC no 3º posto.
Desprazan así Alejo e MC ao fisterrán do podio de goleadores históricos da Liga da Costa. Alejo faino con nada menos que 56 goles (13 de penalti e 1,65 goles por partido) mentres que MC conseguiu anotar 44 (7 de penalto, 1,33 goles por partido). Datos que quedarán para que os Rei Lema e Lema Suárez o anoten nos anales da historia.
Pero é que a cousa non quedou neses dous grandes nomes, protagonistas do curso. Hai outros 3 xogadores que superaron a cifra de 20 goles. Pablo Muíño, espectacular na súa volta tras varias lesións, anotando 25 goles co Baíñas; e Dani Fuentefría (21) e Juni (20) fundamentais no San Lorenzo para conseguir esa fantástica Promoción de Ascenso.
Outros bos nomes, que de seguro aparecen nas votacións como mellores dianteiros para o 11 ideal da Gala do Fútbol da Costa son Chenel, do Mazaricos con 19 goles, os mesmos que o tamén xogador do San Lorenzo Parafita (ollo a ese cadro de Verdillo con 3 xogadores entre os mellores goleadores da temporada); o xogador do Malpica Cololo con 18, ou ou baiés Javi Suárez.
A lista completa poden visitala nesta ligazón á web da FGF.
Novas relacionadas
- Veteranos: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa.
- Xuvenís: O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís.
- Novembro 16: De Doro a Castro: repaso aos pichichis dende Preferente aso Xuvenís.
- Maio 2016: Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- Maio 2016: Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa 16/17.
- Maio 2016: Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Isidro, un “Home-Ghol”.