Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Alex Lombardero en Santa Comba: “Fútbol Profesional: Non é ouro todo o que reloce”

Alex Lombardero chegou a ser campión do Mundo coa Selección Española sub20.
Alex Lombardero chegou a ser campión do Mundo coa Selección Española sub20.
Alex Lombardero en Santa Comba: “Fútbol Profesional: Non é ouro todo o que reloce”

O diario dixital da Que pasa na Costa e o Concello de Santa Comba únense para organizar unha charla formativa en clave de deporte. Baixo o título “Fútbol Profesional: Non é ouro todo o que reloce”, a cita contará coa presencia de Álex Lombardero, nunha sesión enfocada a nen@s e tamén aos adult@s que pretende amosar a cara B do fútbol profesional.

Lombardero foi campión do Mundo en Nixeria coa Selección Sub20 de Casillas e Xavi, é agora vendedor da ONCE. Contará nun formato entrevista dirixido por Huelvis, como foi a súa meteórica carreira e, sobre todo, como foi a caída dende o ceo, o máis importante para que numerosos rapaces das categorias inferiores dos nosos clubs aprendan a xestionar a fustración.

O evento celebrarase o sábado 20 de abril, ás 11:30h, no Edificio Multiusos de Santa Comba. O evento conta co apoio da Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) e a marca Saunier Duval.

Charla Lombardero Cartel copia

Comentarios