Venres. 19.04.2024
El tiempo

Alex Rama e Javi Souto analizan o Baíñas - Esteirana

Alex Rama e Javi Souto analizan o Baíñas - Esteirana
Cando só quedan 9 partidos para a finalización da Liga da Costa, os choques están a volverse decisivos cada xornada que pasa. Tanto na loita polo título e a promoción, como por non baixar ó inferno da 3ª, a pelexa está a ser titánica. Esta fin de semana temos un deses partidos que poden ser decisivos a final de liga, o que enfronta ó 2º e ó 3º clasificados en Vimianzo, ese Baíñas - Esteirana que promete emocións fortes. A Esteirana defende esa 2ª plaza, que lle arrebatará o Baíñas se vence o duelo. Sen dúbida, o partido da xornada. Vanse ver as caras os dous equipos máis goleadores, xunto co Corme, con 46 e 45 tantos a favor. Nas súas filas temos killers ben coñecidos, como Rober Pladur nas filas azulgranas, e Pablo Muíño nas do Baíñas. Ambos encabezan a lista de goleadores oficial, con 14 e 21 goles respectivamente. E xunto a eles, dous asistentes de luxo, que tamén anotan a súa boa morea de tantos. Falamos de Alex Rama e de Javi Souto. Xuntámonos con ambos e charlamos sobre o que se aveciña no Municipal de Vimianzo.  O Baíñas busca asaltar a segunda plaza da clasificación QPC - Vaia partidazo temos o domingo. Que esperades do rival? ALEX: Si, o partido do domingo é un partido clave para os dous equipos, xa que o que gañe dará un golpe na mesa e cos poucos puntos que quedan en xogo a estas alturas un partido pode marcar unha liga. Ó Baíñas véxoo un rival moi forte, que foi de menos a máis dende o inicio da liga e que conta con xogadores que poden decidir partidos en calquera momento. O domingo espero un Baíñas que saia ó ataque, aproveitando a vantaxe de ser o equipo local e tendo en conta a necesidade que teñen de gañar o partido, xa que o empate deixaríanos a nós aínda por diante na clasificación. JAVI: Espero un partido bonito. polo pouco que os coñezo son un equipo que lle gusta xogar a ter o balón e seguro que virán a Vimianzo a intentar telo. QPC - Como chegades de forma? ALEX: Chegamos a este partido con baixas de xogadores importantes, igual que nos últimos partidos, pero os xogadores que están suplindo estas baixas están cumprindo e ademais con boa nota. Somos un equipo de vinte e pico xogadores e estamos demostrando que podemos gañar incluso coas baixas de 5 ou 6 teóricos titulares. Isto faime sentir orgulloso deste equipo. A nivel de xogo levamos toda a temporada con altos e baixos pero na plantilla ninguén dubida de que lle podemos gañar a calquera. JAVI: Agora mesmo encadeamos tres victorias seguidas e cada partido estamos mellorando como equipo, temos xogadores que marcan diferencias e eso reflexase nos resultados. QPC - Esperábades estar tan arriba na clasificación a estas alturas de tempada? ALEX: Ó principio de tempada marcámonos o obxectivo de conseguir a permanencia sen sufrir, xa que na pasada costou máis do esperado e salvámonos nas últimas xornadas. Non queríamos que esta temporada sucedese o mesmo. Pero xa a mediados da primeira volta, vendo como estaba respondendo o equipo, tivemos unha charla co míster na que acordamos cambiar o obxectivo e loitar polo ascenso de categoría. Hai uns anos xa o conseguimos varios xogadores da actual plantilla e foi unha gran alegría. JAVI: Se che son sinceiro, unha das condicións coas que vin para o Baíñas era para intentar ter un bo equipo que ainda que non ganase a liga poidese unirse á loita por intentalo. As cousas torcéronse ó principio de tempada cando se lesionaron varios xogadores importantes como Pablo, Jesús, Tantán e aínda non estaba Mayor. De 5 partidos ganamos 1 só, se mal non recordo, e as cousas complicábanse. Agora poidemos recuperar á maioria de xogadores, aínda que con algunha que outra ausencia e os resultados estannos acompañando e esperemos que siga así. A Esteirana, animador do campionato unha vez máis QPC - O Mazaricos está cunha boa vantaxe. Tedes esperanzas de collelo ou xa pensades en loitar pola plaza de promoción? ALEX: Persoalmente creo que si logramos acabar na segunda posición e así xogar a promoción de ascenso, podemos dicir que foi unha moi boa temporada e quedaríamos satisfeitos. Eso si, que non se relaxe o Mazaricos porque agora mesmo está a 6 puntos e aínda ten que vir a xogar ó Xosé Luis Vara de Esteiro. Se o Mazaricos pincha, estaremos ahí metendo presión ata que non queden opcións matemáticas. JAVI:  Agora mesmo pensamos en sumar os máximos puntos posibles no que queda de liga, sabemos que coller ó Mazaricos vai a ser moi difícil xa que eles apenas pinchan, son un equipo moi traballado e non deixan puntos contra calquera equipo nin no seu campo. Aínda así nós intentaremos sumar os máximos posibles para quedar o mellor posicionados posible na tabla de clasificación. QPC - Na vosa opinión, cales son os puntos fortes do rival? ALEX: Penso que o Baíñas é un equipo moi sólido e máis na súa casa. Para sacar os 3 puntos debemos ser moi contundentes en defensa e aproveitar as oportunidades que teñamos en ataque, que seguro que as teremos. Vexo imprescindible que non nos collan as espaldas con balóns longos, xa que por aí poderían facernos dano. Debemos xogar o noso partido, aproveitando as nosas armas, que non son poucas. Se somos un bloque e imos todos a unha sabemos que tamén podemos facer sufrir ó Baíñas. JAVI: Se che son sinceiro non coñezo moito ó rival. Pero se están segundos é porque están a facer as cousas ben e non vai a ser fácil ganar o partido. Un equipo non leva tantas vitorias coma a Esteirana se non ten grandes xogadores. QPC - No teu gusto persoal, sen mencionar ó outro entrevistado, cales son os mellores homes do outro equipo? ALEX: En canto a individualidades destacaría a Pablo Muíño porque é deses dianteiros que deciden partidos e sacan goles de xogadas sen aparente perigo. Outro dos homes a destacar é Jesús, un xogador con experiencia en categorías superiores que sabe ler moi ben os partidos e da un plus de calidade no mediocampo. De todas formas non debemos centrarnos só en 1 ou 2 xogadores porque se están ahí arriba é porque teñen un bo equipo e actúan como tal. JAVI: Ó único que coñezo ben é a Pladur de xogar contra el tanto a fútbol como a fútbol sala. É un gran goleador, sen dúbida.

Comentarios