Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Álex Siaba e Marcos Fernández analizan o Muros–Volantes de Baño, a gran festa do fútbol muradán

Álex Siaba e Marcos Fernández analizan o Muros–Volantes de Baño, a gran festa do fútbol muradán
Álex Siaba (CD Muros) e Marcos Fernández (Volantes de Baño FC). Fotos: David Castro. A vida cotiá de Muros e de Baño paralizarase o vindeiro domingo e ambos lugares serán un deserto xa que todos os seus habitantes farán a súa particular peregrinación cara o Eleuterio Balayo para facer que o derbi entre o Muros e o Volantes de Baño sexa unha gran festa do fútbol muradán. Para analizar este partidazo da xornada, dende QPC quixemos falar co dianteiro do Muros, Álex Siaba, e o gardameta do Volantes de Baño, Marcos Fernández.

Os protagonistas

Álex Siaba, dianteiro do CD Muros Álex Siaba, dianteiro do CD Muros. Foto: David Castro. QPC: Que significa o derbi entre o Muros e o Volantes de Baño para ti? A.S.: Un partido bonito de xogar, no cal espero que non se repita o da una volta e poida desfrutar de todos os minutos e disputar o derbi completo. QPC: Que opinión che merece o actual equipo do Volantes de Baño? A.S.: Creo que teñen un plantel para estar arriba para non sufrir e con xogadores dunha ou dúas ligas superiores e de tres ou catro no caso de Pesco. Un equipo que gañou moito atrás coa fichaxe de Jano e que está sendo máis fiable e estase metendo na pelexa polos postos de arriba. QPC: En Muros tamén pasa coma en Sevilla co Betis-Sevilla no que se refire a que o resultado do partido da primeira volta e os piques entre uns e outros por iso, durán ata o encontro de volta? A.S.: Creo que o ano pasado había máis pique que este. Este ano, uns estamos loitando por non baixar e eles por estar arriba, tamén teñen bastante xente de fóra polo que foi algo máis descafeinado este ano, non houbo bengalas nin nada (risas). QPC: Que aspecto cres que presentará o Eleuterio Balayo para presenciar este encontro e que esperas da vosa afección? A.S.: Se algo me sorprendeu desde que comecei esta tempada é a cantidade de xente que acude a Miraflores semana tras semana e incluso fóra da casa hai días que hai máis afección de Muros. E no derbi está cheo seguro. E da afección esepero o que fan todas as semanas, dar ese empuxe final coma nos empates ante Mazaricos e Corme xusto ao final. QPC: Que cres que ten que facer o Muros para gañar o derbi deste vindeiro domingo? A.S.: Temos que saír serios e concentrados desde o principio, estar ordenados e xuntiños para non deixar espazos, e sen ningun complexo sabendo que eles son os favoritos pero que tamén o eran o Muxia, o Corme e o Mazaricos e non foron quen de gañarnos. E estando seguros atrás algunha imos ter arriba e aproveitalas. Temos as nosas posibilidades e necesitamos puntuar, e a iso sairemos. Marcos Fernández, porteiro do Volantes de Baño Marcos Fernández, porteiro do Volantes de Baño FC. Foto: David Castro. QPC: Que significa o derbi entre o Muros e o Volantes de Baño para ti? M.F.: Un partido entre a aldea e o pobo onde os dous equipos queremos gañar sempre. Partido onde todos queren xogar e que é moi dificil ata ao final. QPC: Que opinión che merece o actual equipo do Muros? M.F.: É un equipo duro que nunca pon as cousas fáciles. Nunca é fácil gañarlle ao Muros, e facelo nun derbi aínda menos, pero o equipo que faga ben as cousas levarase os tres puntos. QPC: En Muros tamén pasa coma en Sevilla co Betis-Sevilla no que se refire a que o resultado do partido da primeira volta e os piques entre uns e outros por iso durán ata o encontro volta? M.F.: (Risas) Sempre está ese pique bonito que hai que é o derbi e os dous queremos gañalo está claro. Pero nós temos que facer o noso partido e conseguir os tres puntos qe non son fáciles. QPC: Que aspecto cres que presentará o Eleuterio Balayo para presenciar este encontro e que esperas da vosa afección? M.F.: Pois o Eleuterio Balayo neste partido espero que estea cheo de xente por ambas afeccións coma sempre. Sempre é mais bonito desde o campo ver as gradas cheas e animando e con ganas de que gañe o seu equipo. A nosa afección estará animando como fan sempre e cantando ata o final, gañemos ou perdamos sempre están aí na grada. QPC: Que cres que ten que facer o Volantes de Baño para gañar o derbi deste vindeiro domingo? M.F.: Pois temos que facer o noso xogo como sabemos e aproveitar todas as ocasións de perigo. E defensivamente, temos que ser fortes coma no partido da semana pasada e intentar deixar a portería a 0 que sempre sabe moito mellor ao final do partido saber que non che encaixaron ningún gol.

Comentarios