Venres. 19.04.2024
El tiempo

Almánimal, rock galego anticorrupción

Almánimal, rock galego anticorrupción
almanimal-banda-costa-da-morte

Sacan o seu primeiro videoclip e parece que chegan á rede para quedar. Son Almánimal, banda formada aló en 2011 en Carnota por 5 amigos da infancia, todos da Costa da Morte, con destacada presencia ceense. Eles son Sergio Trillo (voz), Andrés Touriñán (batería), Pablo Pérez (guitarra), Samuel Piñeiro (baixo) e Armando Betancourt (teclado), e soan tal que así:

 

”O plaser era constante
non paraba de roubar
militante, estravajante
conselleiro do lujar”

Si, estas son as letras que defien ben como era ese “Conselleiro do lughar”, como se titula o temazo.

A banda xestouse no coñecido como “O garito de Pablo", e comezaron ca clásica e arcaica idea de imitar aos grandes grupos de rock clásico da última metade do século pasado e outros grupos máis actuáis. The Doors, Bob Marley, System of a Down están entre as referencias destes amantes do R&R.

Nun principio o obxectivo era reunirse todos os amigos e “tocar algo” pero cos anos as motivacións son outras e agora queren divertirse e dar concertos. Coa chegada dos temas propios, o son foise achegando por si mesmo ao hard rock, mesturado con tintes de reggae e rock psicodélico.

Unha das potencialidades que os van colocar de contado no panorama nacional, é que as súas letras son en galego, un distintivo para medrar.

Tolos ou visionarios? Hipsters o vintage? Xulguen vostedes. Nós estaremos atentos á súa evolución.

 

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios