Imprimir

Aloumiños imparte unha charla sobre trastornos da aprendizaxe na etapa escolar en Santa Comba

que pasa na costa | 11 de abril de 2019

Aloumiños imparte unha charla sobre trastornos da aprendizaxe na etapa escolar en Santa Comba

Este venres 12 de abril dá comezo o novo IV Programa de Educaciñon Familiar e Socialización para a Diversidade da Asociación Aloumiños. A inauguración será ás 20hs no Multiusos do Concello de Santa Comba coa conferencia "Trastornos da aprendizaxe na etapa escolar. Definición e implicacións educativas" impartida pola psicóloga especialista en trastornos da aprendizaxe Cristina Pereira Romero.

Está dirixido a todo o público en xeral, tanto familiares, como profesionais do ámbito educativo e socio-sanitario. A entrada é libre ata completar aforamento. Haberá servizo de canguraxe gratuito durante a conferencia.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/santa-comba/alouminos-imparte-charla-trastornos-da-aprendizaxe-etapa-escolar-santa-comba/20190411072442108596.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA