Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aloumiños e Íntegro únense nun Percorrido Solidario para analizar melloras de accesibilidade de Laxe

  • Camariñas acolle o Día da Inclusión
cartel-Día-da-Inclusión2019
Aloumiños e Íntegro únense nun Percorrido Solidario para analizar melloras de accesibilidade de Laxe

Desde Aloumiños e Íntegro inician esta nova actividade inclusiva e solidaria na que todos os axentes sociais poidan coñecer e sinalar os puntos ou zonas sensibles de ser melloradas ou aquelas accións necesarias por desenvolver.

“PONTE NO MEU SITIO” será unha actividade participativa, aqueles que queiran poderán facer parte do percorrido en cadeiras de rodas, cos ollos tapados ou simplemente acompañándonos e compartindo as nosas impresións e emocións.

A primeira cita será percorrido no Concello de Laxe, este domingo 22 de setembro a partir das 11:30, partindo do peirao novo, indo polo Paseo marítimo cara a Rúa Atalaia, Avda. Cesáreo Pondal e rematando na Praza dos Voluntarios.
Poden perdir máis información en asociació[email protected] - 604 028 730; ou en [email protected] - 981 734 985 · 650 961 649.

Día da Inclusión en Camariñas

A asociación Íntegro celebrará este venres 20 o Día da Inclusión cunha andaina accesible, aberta á participación de toda a cidadanía, que partirá ás 12:00 horas do Club Náutico de Camariñas en dirección á Praza do Concello. Será un percorrido de 750 metros ata chegar á Casa Consistorial, onde se procederá á lectura dun manifesto reivindicativo en prol da inclusión das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. No acto está previsto que participen, ademais de usuarios, traballadores e membros da directiva da nosa entidade, varios representantes da administración local, que tamén colabora activamente na organización desta xornada de sensibilización.

Comentarios