Imprimir

Aloumiños prepara unha Xornada de Portas Abertas de Lingua de Signos

que pasa na costa | 14 de Marzo de 2019

A Asociación Aloumiños de Persoas con Necesidades Específicas da Costa da Morte, formada un grupo de nais e pais da Costa da Morte que deron o paso de unirse e traballar conxuntamente na inclusión, organizan para este o vindeiro sábado 16 de marzo unha Xornada de Portas Abertas de Lingua de Signos Española. Será en horario de mañán (hora pendente de confirmar) no Edificio Espazo Xove de Carballo, na rúa Valle Inclán Nº24.

A actividade é totalmente gratuíta e está dirixida tanto a adultos como a [email protected] maiores de 7 anos. Tras esta primeira toma de contacto, se hai persoas interesadas, realizarase un Taller Trimestral sobre Lingua de Signos Española.

Grupos de apoio

Ademais, a partir do mes de abril comenzaráse a celebrar Grupos de Apoio para Nais, Pais e Tutores legais. Propónse este proxecto xa que se pretende crear un espazo para a familia, resolver dúbidas e recibir apoio na crianza dos fillos. Estará dirixido por una psicóloga de ampla experiencia na intervención familiar.

Os temas que se tratarán estarán relacionados con: estilos educativos nai/pai, comunicación, autoestima, normas e límites, acoso escolar... Entre outros, ademáis dos propostos polas familias.

Será en Carballo, o lugar e as fechas están sen determinar, co obxectivo de adaptarnos os horarios das persoas interesadas na actividade.

As persoas interesadas en participar ou en recibir calquer tipo de información, poden anotarse ou contactar a través deste correo electrónico, a través da páxina de Facebook ou no 604 028 730.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/alouminos-prepara-xornada-portas-abertas-lingua-signos/20190313230832107629.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA