Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O alumnado do IES Parga Pondal, de axudante a empresario

Alumnos axudantes do IES Parga Pondal de Carballo
Alumnos axudantes do IES Parga Pondal de Carballo
O alumnado do IES Parga Pondal, de axudante a empresario

Semana completa no IES Parga Pondal, cun novo paso do taller de mediación e unha sesión empresarial.

Departamento de Mediación

De feito, rematou a 10ª edición do obradoiro “O Alumnado Adxudante”, coa entrega de diplomas ao alumnado participante de 1º ESO. Un obradoiro desenvolvido durante 5 semanas, enmarcado no Programa de Actuación do Departamento de Mediación do centro educativo carballés, que trata de “mellorar o desenvolvemento das competencias sociais e a mellora da participación real e integración do alumnado no Centro”.

“Ninguén coñece mellor a situación dun alumno/a que os compañeiros/as que comparten con eles a vida diaria, por iso, o noso recurso esencial para desenvolver este programa, é o noso propio alumnado”, explican dende o equipo directivo, dando conta da serie de habiladdes sociais que adquire o alumnado para axudar e para deixarse ser axudado.

Departamento de Economía

Pablo presenta o Parque Empresarial de Bertoa ao alumnadodo IES Parga Pondal

Paralelamente, o departamento de Economía do centro carballés organizou unha interesante charla con Pablo Martínez, xerente da Asociación de Empresarios de Bértoa en Carballo, que presentou ante o alumnado da materia Economía da Empresa, de 2º de Bacharelato, a entidade do Polígono Industrial.

Pablo remitiuse ás súas orixes, a principios da década dos anos 70 do século pasado, desglosando as diferentes etapas de crecemento e consolidación do mesmo. Destacou o traballo incesante da Asociación de Empresarios, no día a día, e a súa aposta polo futuro, xa que logo están desenvolvendo o Novo Polígono cun escenario a 10 anos vista.

O logro actual máis destacado, do que se sinten especialmente orgullosos, é o compromiso da Xunta de Galicia para que a estrada de circunvalación de Carballo se inicie no polígono e conecte a área empresarial coas estradas de Ordes e Santiago de Compostela evitando transitar polas vías urbanas.

Novas dos IES da comarca

Novas do IES Parga Pondal

Comentarios