Venres. 19.04.2024
El tiempo

Alumnado do IES Parga Pondal protagoniza unha batalla de argumentos cos do Urbano Lugrís sobre videoxogos violentos

Alumnado do IES Parga Pondal e do Urbano Lugris
Alumnado do IES Parga Pondal e do Urbano Lugrís
Alumnado do IES Parga Pondal protagoniza unha batalla de argumentos cos do Urbano Lugrís sobre videoxogos violentos

Se hai que batallar, que sexa con argumentos, e non con violencia gratuita provinte dun videoxogo. Nesa liña enmárcase a actividade que acolleu o pasado 21 de maio o IES Isidro Parga Pondal, un debate académico en torno á cuestión de se os videoxogos violentos aumentan a nosa agresividade ou non. Esta é a segunda vez que o alumnado de bacharelato deste instituto carballés se enfronta ao do IES Urbano Lugris, de A Coruña.

O debate foi realmente interesante; ambas partes presentaron os seus argumentos a favor e en contra, refutaron con contundencia e cortesía os aspectos que non lles parecían ben fundamentados e nas súas conclusións declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenan a violencia.

Ao IES Isidro Parga Pondal tocoulle defender que os videoxogos violentos non aumentan a nosa agresividade e a súa exposición baseouse nos argumentos de que estes xogos axudan a liberar estrés pero iso non implica normalizar a violencia nin confundir a violencia virtual coa real, ao contrario, permiten poñerse no caso das víctimas. Ademáis traballan con funcións do cerebro que nada teñen que ver co tema da agresividade.

Pola súa parte, o IES Urbano Lugrís argumentou baseandose en casos concretos, como os ocurridos en EEUU, afirmando que son a voz de alerta e que deben ser tidos moi en conta. Despois de moito deliberar, o xurado, composto por profesorado e alumnado de ambos centros, decidiu darlle a victoria ao IES Isidro Parga Pondal. Os membros do xurado salientarion a bo facer de ambos equipos ao debatir escoitando, argumentado e construíndo coñecemento conxuntamente.

”A verdade, nestes tempos de tanto enfrontamento crispado entre politicos, agradécese asistir a un bo debate”, recoñecen os propios profesores…

Comentarios