Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Alumnado do IES Pedra da Aguia debate na Deputación sobre o futuro de Europa

Alumnado do IES Pedra da Aguia debate na Deputación sobre o futuro de Europa
ies-pedra-aguia-deputacion O alumando simulou onte no salón da Deputación unha sesión plenaria coincidindo co Día de Europa Un grupo de alumnos e alumnos do IES Pedra da Aguia de Camariñas visitaron onte pola tarde a sede da Deputación da Coruña, en cuxo Salón de Plenos realizaron unha simulación dunha sesión plenaria do Parlamento Europeo coincidindo co Día de Europa. Os alumnos foron recibidos polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e a Oficial Maior da Deputación, Amparo Taboada. González Formoso deu a benvida á Deputación aos alumnos e alumnas e destacou “as oportunidades que Europa supón para a xente moza no ámbito da educación e o emprego”. “Tócavos a vós, ás vindeiras xeracións debater sobre cal é o modelo de Europa que queremos para o futuro, cómo afrontar os desafíos e retos que se nos plantexan como cidadáns europeos”, afirmou o presidente, que felicitou ao IES camariñán polo seu “compromiso con Europa”, xa que é un dos catro centros escolares galegos que ostentan a condición de Escola Emabixadora do Parlamento Europeo e resultou gañador do concurso Euroescola 2018, organizado pola representación da Comisión Europea en España.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios