Imprimir

O alumnado do IES Pedra da Aguia recibe o galardón de Camariñán do Ano e prepara o pregón das Festas do Carme

que pasa na costa | 12 de xullo de 2019

Alumnado do IES Pedra da Aguia na Olimpiada de Historia
Alumnado do IES Pedra da Aguia na Olimpiada de Historia

Este domingo ás 18:00h o alumnado do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto recibirá o premio Camariñán do Ano que outorga a Asociación Virxe do Carme. A cita será na Casa de Pedra de Camariñas, e servirá de previa ao pregón que 3 alumnas do centro, dará o luns 15 ás 12:00h, na Casa do Concello, para abrir as Festas do Carme.

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” lembrou este recoñecemento á entidade que mellor representa os valores camariñán, tendo en contao traballo dun pequeno centro educativo, radicado no rural e público onde, profesores, pais e alumnos, asumen retos e metas ambiciosas que redunden na formación integral da mocidade camariñán, na súa promoción persoal e social, e, moi especialmente, na labor de coñecer e difundir no resto da sociedade a Unión Europea e as súas institucións. Este traballo acadou recoñecemento público co seu nomeamento como centro embaixador da Unión Europea.

Destan que o estrato social destes rapaces é de familias vinculadas aos sectores primarios, ao pequeno comercio, aos servicios e, sobre todo, á pesca e o marisqueo e as actividades vinculadas con estas actividades que son, económica e socialmente, o cerne do concello de Camariñas.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/alumnado-do-ies-pedra-da-aguia-recibe-galardon-camarinan-do-ano-prepara-pregon-das-festas-do-carme/20190712110609111430.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA