Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ampliado o prazo para anotarse no programa de Mellora da Competitividade da CMAT

Ampliado o prazo para anotarse no programa de Mellora da Competitividade da CMAT
A CMAT vén de ampliar o prazo de inscrición para as formacións dirixidas ao sector turístico de Costa da Morte baixo o programa de Mellora da Competitividade do sector turístico de Costa da Morte de 2018,  cofinanciado pola Deputación da Coruña, e que está dirixido a traballadores da hostalería e turismo así como a traballadores dos concellos que das áreas turismo, tanto en información turística coma en museos e centros de interpretación. A praza poderase solicitar por correo electrónico directamente ás empresas das correspondentes formacións, podendo consultar toda a información no portal www.visitacostadamorte.com. O modulo de marketing e comercialización de actividades de turismo activo e deportivo encamiñado a traballadores de empresas de turismo activo, deportivo e de aventura de Costa da Morte disporá de dúas edicións: a primeira en Fisterra do 16 de outubro, en horario de 16:30 a 20:00 h, na Aula Informática Municipal do concello de Fisterra; e a segunda en Malpica do 17 de outubro, no mesmo horario, no Centro Cívico (Aula de Lecer ou Fondo Lugrís) do concello de Malpica. O modulo de mellora da competitividade do sector hostaleiro e turístico en gastronomía local, dirixido a traballadores do sector hostaleiro e de restauración de Costa da Morte. Este módulo celebrarase con formato de múltiples monográficos celebrados entre o 14 de outubro e o 27 de novembro, en sesións dunha duración media de 2’5 h entre as 17:00 e as 20:30 h. A primeria edición en Carballo e a segunda en Cee. As sesións teóricas celebraranse nas instalacións de Acerta Formación e as prácticas, na asociación ASPADEX. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/arranca-o-programa-da-cmat-para-mellorar-a-competitividade-no-sector-turistico/ “A CMAT convoca as novas mesas de traballo público-privadas para avanzar no Plan de Acción Turístico” — Que pasa na costa “A CMAT abre o prazo de inscrición para os cursos de mellora da competitividade do sector turístico” — Que pasa na costa

Outras novas

“A CMAT aproveita as lendas e o deporte para loitar contra a estacionalidade turística da Costa da Morte” — Que pasa na costa “A CMAT e varias entidades da Costa participan na mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia” — Que pasa na costa “Empresarios de Bergantiños participaron na creación do Plan de Turismo na terceira mesa de traballo da CMAT” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios