Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño

Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño
O 8 de xuño será a data límite para presentar as curtas que se presenten á III edición dos Premios Fouciño de Baio. Así o vén de anunciar o concello de Zas, entidade organizadora do certame, a través da publicación da ampliación no BOP - Boletín Oficial da Provincia -. As curtas que se presenten ao concurso, tanto na categoría de centros de ensino como na libre, poderán ter unha temática libre a súa duración non pode exceder os cinco minutos. Ademais, os diálogos deben ser en galego ou subtitulados en galego. Entre todas as pezas presentadas na categoría libre seleccionaranse dez curtametraxes finalistas e outras tres de reserva. No caso da categoría para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasarán á final todas as curtas presentadas. Premios Repartiranse 1.000 euros en premios; dos cales, 300€ son para a categoría dos centros de ensino e 700€ para a categoría aberta. Ademais, os gañadores recibirán un trofeo. O público tamén poderá emitir a súa valoración das curtas participantes no certame e o traballo máis votado recibirá un trofeo. As Bases do concurso pódense consultar na páxina web municipal do Concello de Zas . Os gañadores desta edición coñeceranse o próximo 30 de xuño; día no Baio se converterá na capital do audivisual coa visita de caras moi coñecidas do audivisual galego, con obradoiros, proxeccións, entrega de premios e un festival ao aire libre. E nos días previos, do 25 ao 29 de xuño, celebrarase a semana do audiovisual coa proxección de distintos documentais. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios