Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real

Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real
Ana Oca na preestrea de Hospital real

Hoxe é o día. Aquí mesmo compartiremos en canto a TVG o permita, o primeiro capítulo da serie de Ficción Producciones, Hospital Real. Serie na que debuta como actriz a nosa pequena e brava cociñeira Ana Oca. Despois do seu arrasador paso polo Masterchef Junior, a ceense sorprendeu ca súa naturalidade trala cámara e a produtora decidíu contar con ela para un papel na serie.

Unha serie que pode ser un antes e un despois da produción audiovisual galega, apostando por unha completa trama histórica sobre a vida nobiliaria no antigo Hospital Real de Santiago de Compostela, o que hoxe é coñecido como Hostal dos Reis Católicos, aló por 1792, cando o Camiño de Santiago aínda era unha vía perigosa.

Con ela tamén está no reparto o carnotán Miguel de Lira, xa unha referencia no sector galego.

Aquí queda unha previa despois da súa preestrea, na que tamén estivo Ana, e un avance. Pero xa saben, ás 22:00h na TVG.


Máis información

Poden ver o capitulo en TVG ou na web da CRTG, na serie “Hospital Real”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios